5/31/2013

Acrósticos

Hai larpeiradas que saben ao mellor agasallo que poida ser ofrecido:

Cremos que eres a mellor,
Apreciamos o teu labor,
Respectamos a túa opinión,
Mentres non quites diversión.
Eres ti quen nos axuda
No caso de ter algunha dúbida.

Sempre nos lembraremos de ti,
Unidos ou non ata a fin.
Ás veces pasámonos tamén,
Rífasnos, mais quéresnos, sábelo ben.
Este ano foi especial.
Zócalos saltaremos ata o final.
Pablo Ferrer, Uxía Castelos e Laura Cortés de 2ºA.


Lembro o día no que te coñecín,
Aínda nada sentía por ti,
Unicamente quería ser a túa amiga,
Rodearme  da túa compañía,
Aprender a ser feliz.

Crecín ao teu carón,
Oíndote a cada intre,
Ríndonos das nosas parvadas,
Tendo soños en común.
Eres ese mozo que 
Sempres estará no meu corazón.
  Laura Cortés 2ºA


5/28/2013

Amarte.





Esperarte
por sempre.
Aceptarte
tal como eres.

Gustarche,
o maior dos meus desexos.
Demostrarche
canto te quero.

Abrazarte
cando precisas consolo.
Aariciarte
sen ningún protocolo.

Amarte
sempre de verdade.
Culparte
da miña felicidade.

Odiarte
misión imposible.
Sara Vicos 2ºC

Re-creando a Carlos Negro

Estou por ti, disme
baixando a testa.
E noto entón
como me salta unha chispa
debaixo da carcasa do meu peito,
nun descoñecido lugar
onde o meu corazón
é un nivel misterioso,
un complexo xogo
de palabras estrañas
que non sei interpretar.

Estou por ti, repites,
e entón comprendo
que iso que chaman amor
é a combinación máis difícil
dos meus sentimentos,
a única combinación
que non se aprende pulsando AXR.
  Gala S. Sánchez 2ºC. 








Estou por ti, disme
coa voz chea de sorrisos.
E noto entón
como me soa un timbre
debaixo do corazón,
nun incómodo habitáculo
onde cada sentimento
é unha parte dun puzle,
un difícil problema
de palabras mortas
que non sei como se din.

Estou por ti, repites
e entón comprendo
que iso que chaman amor
é a ecuación máis complicada
dos exames de matemáticas,
a única ecuación
que nin sequera
 o mellor profesor
 podería explicar.

 Irene García 2ª A 


Estou por ti, disme
cun sorriso
e a voz a baixo volume.
E noto entón
como me reclama o mando
debaixo da pantalla do peito,
nun incómodo teclado
onde cada sentimento
é un groso cable
dentro dun complexo enchufe
de palabras enroscadas
que non sei como acender.

Estou por ti, repites
e entón comprendo
que iso que chaman amor 
é un conxunto de altavoces
situados 
na parte dianteira do corazón,
a única postura que non sae
neses programas enleados
dos sábados á madrugada.
Laura Cortés Gil 2ºA



Estou por ti, disme
coa voz cromada
de sorrisos.
E noto entón 
como me cae o estribo
debaixo da americana,
nunha incómoda montura
onde cada sentimento
é un galope misterioso,
un complexo salto
de palabras derrubadas
que non sei como se din.

Estou por ti, repites,
e entón comprendo
que iso que chaman amor
é a competición máis difícil
que non sae nin se aprende
nos concursos 
dos domingos á tarde.
Laura Amado 2ºA 


Gústasme, disme,
coa voz melosa de sorrisos,
e noto entón
como se produce un latexo
debaixo do corazón, no peito,
nun incómodo lugar
onde cada sentimento
é unha peza misteriosa,
un complexo funcionamento
de palabras axitadas
que non sei como se din.

Gústasme, repites,
e entón comprendo
que iso que chaman amor
é a postura máis difícil
na traseira do corazón;
a única postura
que non sae nin se aprende
nas pelis porcas
dos sábados á madrugada.
Manuel Veiga 2ºC


Negro corazón, de Silvia.


Cando estás o meu lado
o meu corazón latexa máis forte.
Cando estás apartado,
frea de golpe.

Cando estás comigo
volvo nacer.
Cando estás cos teus amigos,
volvo morrer.

Cando estou contigo
non podo falar.
Cando noto os teus latexos
póñome a soñar.
Silvia Soto 2º C.


O colexio de Antía.


A biblioteca do meu colexio
é a máis chula do universo.
Se queres xeografía,
mira na estantería.
Un, dous, tres,
 un libro de inglés.
Se queres información,
aí hai un ordenador.
Se queres estudar,
todos a calar.
Os meus compañeiros 
son todos uns trouleiros.
Eu, que son a máis boíña,
calo e non abro a boquiña.
A miña mellor amiga
tamén cala e non respira.
Logo vén o recreo,
que é o momento do paseo,
E a profe de galego...
uf!... Esa merece un trofeo.
Antía Vázquez Castelo. 2ºC


Querida Marta:

Querida Marta:
   No verán pasado cambiaron moitas cousas, entre elas, a miña vida.
   Papá tiña poblemas e , por iso, unha moza tivo que vir vivir connosco. Estivo aquí mes medio, logo, un día, foi comprar ovos e non volveu. Ninguén sabe o porqué.A miña irmá Noa ten dezasete anos e é a muller máis rebelde e tola que vin na miña vida... pero eu quéroa moito.E mamá..., mellor non falarei dela polo de agora.
   Na miña casa estamos os catro: papá,  Noa, Chichi e mais eu. Chichi é o meu can, quen me dá mimos e me quere coma ninguén.
   O meu problema é que non son unha rapaza guapa. Na escola dinme que son un beche raro, mais eu sei que non son así: son normal e corrente, coma calquera.
   Ben, empecemos:
   Era un día soleado, cheo de flores e froitas exóticas. Parecía un bo día. Parecía..No meu cuarto estaba eu vestíndome, co meu vestido novo e coas miñas sandalias de margaridas. A miña nai metíame présa cada dous por tres para que apurara, pero eu non podía. Ela tiña que ir traballar e eu entendo que quixera que apurara; e estoupou, díxome que se o que quería era ir soa xa o conseguira. Mamá olleu o coche e saiu á carreira. Pouco despois escoitei a ambulancia. Mamá morrera. Xúrocho, foi o peor día da miña vida. Despos da súa morte papá deuse ao alcol. Tivo poblemas graves, incluso foi ao hospital por iso. Como cres que me podía sentir eu, aos meus catorce anos?
  Naqueles días os mellores amigos de Noa acompañárona, Lucía e Xoán, e eu pasaba os días e as noites chorando, coa alma rachada, co amor roto.
   Un día Nora chegou á asa anunciándome que se ía celebrar un concurso no seu instituto e ela quería que eu participara. Eu non quería, pero pensei en papá, en Noa, en Chichi, en min... e en mamá, ela sempre me dicía que eu tiña a súa voz. Xa pasaran uns meses dende a morte de mamá; foi daquela cando Noa chamou a Laia, a rapaza que viviu connosco ese mes e medio, pediull axuda para papá, pqara que o deixara... e conseguiuno, pero logo Laia desapapreceu. O meu pai de que Laia foi un anxo que baixou do ceopara axudarnos. Eu non o creo, pero se é crto, bendita sexa.
  Chegou o día do concurso, dos vinte e seis participantes só ía quedar un. Eu estaba nerviosísima, sabía que non me ía saír ben. Cando m ía tocar a min apareceu eu pai correndo, traía unha aixa e dentro o micrófono de mamá. Que bonito era, de cor vermella e con aquela inscrición "Que así mo pediron, que así mo mandaron, que ante, que cante, na lingua que eu falo". Cantei e fíxeno o mellor que puiden, pero non gañei, non se podía cantar en galego. Peo gusteille a un produtor e hoxe mostro a lingua galega por todo o país.
   Agora estou en Salamanca, poida que pase pola túa casa. Moitos bicos para ti e tamén para túa nai, Laia. Quérote moito
  
   Lucía Sosa Oubel 2ºC

5/20/2013

ESTA RAPAZA METE MEDO!

Lede este inquietante relato, terceiro xa que nos regala Andrea (e que non pare!). Lédeo ... se vos atrevedes.



A casa do bosque

Tódolos sábados ía á miña aldea. Estaba farta. Chegaba e quedaba aburrida, todo o santo día metida na casa. Decidín que iso non podía seguir así. Fun dar unha volta polos arredores. De súpeto cheguei ata  unha casa cerca do bosque que non recordaba vela alí nunca. Entroume a curiosidade e fun inspeccionala. Era unha casa vella e estaba en ruínas, pero atraíame moito. Entrei. No recibidor só había unha mesiña pequena e algo rota. Seguín camiñando polo corredor. Non había ningunha outra habitación, cousa que me estrañaba xa que a casa parecía máis grande dende fóra. Entón subín ata a planta de arriba. Estaba escuro, moi escuro. Inspeccionei o lugar. Había vellos obxectos e cachifallos inútiles, que non servían para nada. Vin unha luz moi tenue. Fun ata alí e encontreime cunha persoa encollida, tirada no chan. Quixen saber quen era e chameina. Levantou a cabeza e puiden ver que se trataba dunha persoa anciá, que tiña a cara chea de cicatrices. Asusteime e saín correndo. Sen darme conta adentreime no bosque. Estaba agotada e parei. Recapacitei e vin que me adentrara moito e que estaba perdida. Fíxose de noite e eu seguía perdida nese bosque. Estaba soa no medio da nada e iso empezaba a fastidiarme un pouco. Tiña frío e fame. Senteime no chan e escoitei o ouveo dun lobo. Agora si que estaba perdida! Que faría eu se me encontraba cos lobos? E se viñan a por min? Oín pasos, pero non eran pasos de animais, eran pasos de persoas. Pensei na señora da casa e dispúxenme a saír correndo cando caín nun burato e perdín o coñecemento. Cando espertei estaba atada no medio do bosque. Tiña varias feridas, sobre todo unha gran brecha na cabeza. Fixen unhas cantas manobras e conseguín desatarme, xa que non me ataran moi ben. Púxenme en marcha e atopei un pequeno río. Lavei as feridas e seguín co meu camiño. Estaba cansa e adormecín debaixo dunha árbore. Cando espertei o primeiro que vin foi a señora da casa que me miraba. Mantiña unha boa distancia con respecto a min. Levanteime e continuei camiñando, mais ela non me dixo nada. Só se dedicou a seguirme. Esa señora poñíame os pelos de punta. Cando comecei a divisar casas a anciá penetrou no bosque. Pareceume moi estraño, pero a miña casa estaba xa moi cerca e quería chegar axiña. Cando aparecín polo meu fogar contei todo o que me acontecera. Os meus pais e demais familia non estaban moi convencidos do que lles contaba e decidiron ir ver se existía tal casa e tal vella coa cara chea de feridas. Chegamos e non había nada. Desaparecera todo. No lugar onde estaba construída a casa tan só había un muro. Nese muro escribiran algo. Estaba escrito con sangue e poñía:
Irei por ti, xúrocho, vas morrer.

                                                       Andrea Buyo Míguez 1ºB Nº5

5/06/2013

Intercambio cun ingles de Christine Nöstlinger

-->

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjptkTkViPzwu3zM2y8_ubF5V9upfEvCX80hSeqeG-WDsQXBk5m5PO4DVNTkKdsSTahBN5dAl-nZUQZtyaxl1SOlxq-BdlFq1ElLj_Ckq0NQ1eT4WfbXtqNUmu9DUxPgfLpQu1YIfYYr7oz/s320/portada+libro.gif

Ewald é un neno que conta nunha redacción para o colexio como foi o seu verán no que a súa nai trouxo a un neno inglés de intercambio. Este neno, Jasper, compórtase dunha maneira irrespetuosa e desagradable, o que fai que os pais do protagonista perdan os nervios e non saiban como facer para que obedeza. Cando están a punto de devolvelo coa súa familia, descobren a verdade de Jasper, o que os fai cambiar moito de opinión.

Este libro gustoume porque a historia en si é interesante, e sobre todo a maneira  como  o autor a enfoca.

Recoméndollo a calquera persoa, de todas as idades, ás que lles gusten as historias a modo de diario e queiran  divertirse  lendo.

Irene García 2ºA Nº25

Unha aventura na escola: Ana María Magalhâes


http://www.brunolibros.es/jpg_g/bruno_escolar/BS00156906.jpg
Trata dunha pandilla de rapaces que buscan o ladrón da escola. Pensaban que tiñan o enigma xa resolto, pero non foi así. Algo misterioso pasou na escola...



Este libro gustoume porque é un libro de misterio e no que se  aprende a apreciar ás persoas polo interior, non polo físico. Tamén me gustou pola amizade que hai entre os rapaces e rapazas da pandilla. Recoméndollelo aos lectores aos  que lle gusten o misterio e a amizade.
 Carla Rivera 2ºC

Pedro Ferriol: Un home na praia.

http://www.edetiendas.com/imagenes/Un-home-na-praia-17936.jpgPaulo quedou orfo moi novo. Aos trece anos o capitán Thomas acolleuno no seu barco, no cal navegaron durante vinte e sete anos ata a xubilación do seu amigo. En terra, Paulo acostúmase a pasear á beira do mar pola morriña que ten. Un día atopa a Alma, unha serea que lle propón un bico de amor.
    Un home na praia recolle doce contos fantásticos e de intriga que se basean no amor e na fantasía. Ademais conta con finais sorprendentes e imaxinativos.

Francisco Quintanilla 2ºC

Rosa Aneiros: Ás de bolboreta.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg2UV1cRn8Se0fXB5qISbKahq-Pq-hVnmQjCP3sR2n4w0oya6sN6LxLnQT5jETovXYGPJNQBBnLli58KvYiiyn-MdsVeyxPo-nZYohQlsWn7vz4roZqa0fC_nHpVRy-86pNnjGCnSPxNbc/s1600/%C3%81s+de+bolboreta+portada.jpg 
 Este libro trata das diferentes historias dos clientes do bar Luzada.
Encantoume, pero é moi lioso: Eu recomendaríao a todas as persoas ás  que lles guste ler e pasar un tempo agradablecon este tipo de historias.
Noelia Valiño 2ºC

O asasino bífido: Breogán Riveiro.


http://ecx.images-amazon.com/images/I/51YayIMOF8L._SL500_AA300_.jpgO inspector Luís Milán acábase de incorporar ó traballo despois dunha baixa por depresión a causa da morte da súa muller. Ao chegar adxudícanlle un novo caso que aparentemente non  precisa intervención da policía, pois parece unha explosión de gas causada por un despiste, que, máis tarde se convertira en intencionado e será o primeiro de moitos sucesos e mortes estrañas arredor dun círculo de persoas. Todo o mundo pensa que ditos sucesos non teñen nada que ver entre eles e que calquera relación é pura coincidencia. Pero Meilán ten unha corazonada e sabe que detrás de todo isto hai alguén provocando aquelas mortes e está disposto a encontralo.
  Paréceme unha historia fascinante que volvería ler sen dubida. Quizás, o que menos me gustou foi a mestura do galego e do castelán nos diálogos porque dificultaba a lectura polo cambio de idioma, pero recoméndolla  a calquera persoa, tanto rapaces da miña idade coma algo maiores ou pequenos ca min, que queiran pasar un tempo agradable lendo en galego unha historia intrigante.
Sara Vicos 2ºC

ALFAYA, Xavier: Pasa-lo límite.




http://3.bp.blogspot.com/_ZuEV7b3VIYk/SUlZrCtj7pI/AAAAAAAAARI/3zFKr-5ZyeU/s400/pasa-lo.jpgGabriel, un mozo de Vilamor, comezou a ter problemas cando un veciño da aldea lle propuxo que fora  falar co Home Gordo, un importante contrabandista, para pedirlle traballo na ilegalidade.
O rapaz non era consciente de onde andaba metido, el só pensaba nos cartos que lle ían entregar a final de mes,e  que tanto necesitaba.
Nestes meses de delirio, os seus principais apoios foron: Lina, unha rapaza da que segue namorado, os seus cans, Frido e Merlín, e a súa paixón pola súa terra natal.

É un libro interesante e aventureiro que axuda a coñecer como é pasar o límite do legal. Doutra banda, mestura o medo que Gabriel sente ao descoñecer o mundo no que aceptou vivir, coa intriga de querer saber  o que lle pode suceder.
 O mundo do contrabandismo é un tema importante na nosa sociedade, e sobretodo hoxe en dia.  
Esta historia busca ser realista, adentrándonos na vida dun novo contrabandista, vida marcada pola súa familia, polos seus amores...  Pasa-lo límite é un libro para todos aqueles mozos que queiran vivir, de primeira man , unha experiencia no borde do legal, con suspense e aventura.



Rosalía Doporto Regueiro   2ºC  

5/01/2013

III CONCURSO DE CREACIÓN LITERARIA CONCELLO DE BETANZOS

Rapazas e rapaces do Francisco Aguiar, demostrade o que sodes quen de facer e dádelle choio ao xurado!
Velaí van as bases para a categoría xuvenil (relato curto e poesía):
PRIMEIRA. Participantes
Poderá participar todo o alumnado que estea a cursar a ESO, o Bacharelato ou os ciclos formativos ata os 18 anos nos centros de ensino de Betanzos.
SEGUNDA. Tema e contido
O tema é libre tanto nos relatos como na poesía
TERCEIRA. Formato
Establécense dúas modalidades de participación, relato curto e poesía. O relato curto deberá ter unha extensión máxima de cinco follas e no caso da modalidade de poesía poderanse presentar ata cinco poemas.
Os orixinais deberán estar mecanografados a espazo e medio por unha soa cara con letra Times New Roman ou Arial, tamaño 12 puntos ou similar. Validarase a calidade estética e lingüística e a orixinalidade.
Os traballos deberán presentarse en lingua galega. As persoas participantes concorrerán cunha única obra orixinal, inédita e individual. Nos traballos deberán constar os seguintes datos: nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono, curso e centro.
CUARTA. Presentación
O prazo de entrega dos traballos está aberto do 29 de abril ata o día 15 de maio de 2013. As creación poderanse entregar nas secretarías do IES Francisco Aguiar, do IES As Mariñas e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, no Servizo de Normalización do Concello de Betanzos (Casa do Concello, 2.º andar) ou no enderezo electrónico: normalizacion@betanzos.net. A convocatoria deste concurso e as súas bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, así como na páxina web do Concello de Betanzos (www.betanzos.net).
QUINTA. Premios
Establécense diferentes categorías para a participación. Haberá dous premiados en cada unha das categorías, un primeiro premio e un accésit. Na categoría do alumnado da ESO (12-16 anos) haberá un primeiro premio de 300 euros e un accésit de 150 euros. Na categoría do alumnado de Bacharelato e ciclos formativos (16-18 anos) haberá un primeiro premio de 300 euros e un accésit de 150 euros.

4/26/2013

O BURATO NEGRO


Ese día quedara a facer horas extras no meu traballo. Estaba na miña fría e escura oficina. Mandáranme facer cen fotocopias, nin máis nin menos, cen. Pero cando fixen a fotocopia número vinte e un fallou algo. Saíu cun gran burato negro no medio, era tan grande que ocupaba todo o folio. Despois de estar un bo anaco pensando, decidín tocala. E que sorpresa levei! Podía atravesar a materia coa fotocopia. Funme. Deixei o traballo sen terminar, pero dábame igual. Cando cheguei á casa tiven unha gran idea. Ese insignificante papel ía cambiar a miña vida.
Chamei a un amigo. Só era un amigo aínda que eu quería que fose algo máis que iso. Quedamos no parque onde nos coñecemos e a fotocopia era a número vinte e un, o día que me dei conta que sentía algo máis ca unha simple amizade por el. Cando nos vimos saudámonos e falamos. Logo dun tempo falando díxenlle que colocase a fotocopia no lado esquerdo do peito. Entón abrinas. Abrín as portas do seu corazón.

                                                        Andrea Buyo Míguez, 1º B

O CADRADO BRANCO



Naquela aula so había un neno, un neno castigado e facendo copias.A súa letra era tan grande coma o pé dun dinosauro, polo que axiña se lle acabaron os folios. Foi por máis á secretaría, pasando por un longo corredor. Non había ninguén alí, estaba completamente baleiro. ``Estarán tomando o seu café do descanso´´, pensou. Colleu unhas follas que se encontraban enriba da fotocopiadora e volveu por onde fora. Eran cen folios, e despois de cinco minutos, xa gastara noventa e nove. Foi polo último, pero non lle valía, pois tiña un gran cadrado branco no centro. Pousouno na mesa e palpou o cadrado e... A súa man atravesara a mesa! Era incrible,con este obxecto aparentemente inofensivo, podía atravesar a materia! Nese intre, a cara do rapaz iluminouse. Sabía o que podía facer: gastar bromas aos profes co seu ``papel máxico´´. Primeiro pegou o folio á ventá, colleu unha botella de auga e baleirou o seu contido no cadrado. Caeulle xusto na cabeza dunha profesora! Riuse coma unha hiena, e a gargallada foi tal que se escoitou por todo o edificio, pero por sorte para el, polo eco, non distinguiron a voz. Despois dunha sucesión de bromas, pillárono inevitablemente. Na aula de convivencia tivo tempo para pensar, pensar a a xogada mestra: roubarlles as chaves das aulas aos mestres! Chamar a un cerralleiro para que abra todas esas portas, custa diñeiro e tempo. Por unha temporada non iría a clase.
Perfecto!
Todas as chaves se gardaban nun armario pechado con chave. Pegou o papel na porta e sacou todas a chaves que viu. Meteu a metade do seu corpo no armario para ver se quedaban algunhas, pero por un descoido... Meteuse dentro! O folio despegárase e quedou encerrado!
                                                                             Óscar Barreiro Doldán, 1º B
                                                             
                                                             

4/25/2013

LINDO, Elvira: Manolito ten un segredo.

   

Este libro trata dun neno chamado Manolito que vive en Carabachel (Alto).Cos seus pais, o seu irmán(O Idiota)

e o seu avó.Estase a acercar o nadal  e vén o alcalde do barrio a ver a actuacción dos rapaces ao colexio. Teñen que ir disfrazados de ovellas e pastoriños.Todo estaba ben preparado ata que chegou o día,non todo sucedeu como o tiñan previsto.                                                                                                                                                                                                                                         
 


O libro gustoume porque me  fai rir en todo momento e pásdoo moi ben cos personaxes.Recoméndollelo aos rapaces que están dispostos a pasar un tempo agradable e aos que teñan  sentido do humor.É moi entretido, pero sobre todo e unha historia moi boa.

Antía Vázquez 2ºC

COBAS,Amadeo: As pantasmas sodes do que non hai.




COBAS,Amadeo: As pantasmas sodes do que non hai.Santiago de Compostela,2007.Sotelo Blanco Edicións.


Gorecho Papa Gaio, un home que morreu á idade de cincuenta e pico anos,sobe ao ceo,pero un bo día dinlle que ten que marchar de alí para amosar que merece estar neste sitio,xa que cando estaba en vida, non fixera nada que determinara claramente que fose merecedor nin do ceo nin do inferno.
Deste xeito,e ben ao seu pesar, volve para terra convertido en pantasma e acompañado por unha pantasma feminina para controlalo e saber o que fai en cada momento...

O libro pareceume entretido.nunca lera un libro sobre pantasmas e sobre todo gustoume as expresións divertidas que emprega o autor.
 Sara Antelo Vázquez  2ºA Nº3

CASTRO; Manuel: Chamádeme Simbad.


DATOS DA OBRA
Autor: Castro, Manuel.
Título: Chamádeme Simbad.
Editorial: Árbore /Galaxia.
Nº  de edición: 3º (2011)             
Lugar e ano de publicación: 17 de xaneiro de 2011 en Vigo.
Ilustrado por: Manuel Cráneo.

Paulo ou Simbad é un rapaz de 10 anos que xoga co seu avó aos piratas cando a súa nai se vai da casa.O seu avó ten alzhimer e moitas veces olvídase das cousas pero nunca de Paulo.A nai de Simbad é o que coida ao avó,é sempre di que a volve tola, pero un día descubriu que de verdade o quería ,cando o avó un día marchou da casa e todos comezaron a buscalo como tolos ata chamaron a policía.
Un día Paulo baixou a praza ,debaixo da súa casa, coa súa mellor amiga María ,e cando estaban xogando á pelota un carteiro foilles preguntar se coñecían a Simbad .A Paulo púxoselle o corazón a 100.Ao chegar á casa abriu a carta é era o avó que lle dicía que o rescatara dos filibusteiros.Comezou a remexer na habitación do seu avó e encontrou o libro de Simbad. Detrás del estaba unha caixa colleuna e dentro había fotos é unha tarxeta da Taberna dos Piratas de onde lle dixera o seu avó que o fora rescatar.Ao día seguinte preguntoulle onde estaba os seus país e quedaron de pedra (eles si que sabían algo,pero non llo querían dicir ).Ao día seguinte espertou e Paulo díxolle aos seus pais que ía xogar con María e de verdade colleu un taxi e foi a Taberna dos Piratas . Alí estaban o seu avó e Bernardino ,o irmán do avó do que sempre fala .Comezaron a falar e contar historias e o avó díxolle a Simbad que os seus pais o querían meter nunha residencia.Despois dunhas horas os pais de Paulo chegaron a taberna.Estaban buscándoo e alí amañaron todos os seus problemas familiares .Ao final meten ao avó nun centro de día.Bernardino pecha o bar e no serán vai visitar ao avó de Paulo e ao chegar as noites o capitán dos sete mares(o avó)volvía á casa de Simbad.
CRÍTICA
Este libro sorprendeume moito :o amor que lle ten un avó ao seu neto xa que cando sofría o alzhimer só recoñecía a Paulo.As historias que aparecen gústanme moito.É moi boa idea o de meter ao avó nun centro de día ,agora xa non volverá tola a súa nai e poderá comezar a facer vida.O avó era un traveso e esas travesuras dicíallas a Paulo para que logo as fixera .Este libro é moi gracioso.
LAURA AMADO OGANDO nº2 2ºA

RIVAS, Manuel: O lapis do carpinteiro.


O LAPIS DO CARPINTEIRO
Autor: RIVAS, MANUEL
Título: O lapis do carpinteiro
Lugar e data de publicación: Vigo, maio de 1998
Esta é a historia do doutor Da Barca, un ancián exrepublicano que está no tramo final da súa vida, e cuxa historia é contada por Herbal, un dos personaxes secundarios, xunto con Marisa Mallo.
Herbal é unha persoa que viviu parte da súa vida con medo, posto que fora  antigo garda da cadea de morte “Falcona”. A súa vida vese restructurada ao longo da historia, grazas ao lapis do carpinteiro.
Marisa Mallo era a moza do doutor Da Barca, una  fermosa rapaza da fronteira e filla dunha familia reaccionaria.
A historia transcorre ,maioritariamente en Galiza, na xuventude do doutor Da Barca, a quen a sorte axudou en todos os sentidos... mais el, aínda o tomaba cun sarcástico humor.
Pero Herbal non tivo esa sorte, atorméntanlle todos os crimes e asasinatos (legais) que cometera. A súa única salvación foi un lapis de carpinteiro, que “ tomou prestado” dun home ao que fusilaran. Na súa mente podía falar co pintor (así o chamaban), que era única persoa que conseguía sosegar a súa conciencia. Se o pintor marchaba sabía que morrería coa culpabilidade, aínda que so fose a súa imxinación. Necesitábao para manterse vivo
Todas as persoas teñen os mesmos dereitos: Non se debe xulgar a ninguén polos seus actos, nen ter prexuizos sobre estas persoas. Deberíamos de darlle a este tipo de persoas unha oportunidade para explicar porque fixeron o que fixeron.
Paréceme inxusto condenar a alguén por cometer un crime sen darlle a oportunidade de xustificarse.A liberdade é un concepto fundamental na vida do ser humano. Todo aquel que carece da liberdade, estáselle quitando a oportunidade de poder ser autónomo, ter unha vida propia e uns dereitos.
Recomendaría este libro á xente que lle gustaría rememorar un período histórico de Galicia a partir dunha historia que podería ser real, posto que mostra a vida e o sufrimento da guerra dende distintos puntos de vista.
Amaia Tomé 2ºC