Amosando publicacións coa etiqueta amor.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta amor.. Amosar todas as publicacións

5/06/2013

Pedro Ferriol: Un home na praia.

http://www.edetiendas.com/imagenes/Un-home-na-praia-17936.jpgPaulo quedou orfo moi novo. Aos trece anos o capitán Thomas acolleuno no seu barco, no cal navegaron durante vinte e sete anos ata a xubilación do seu amigo. En terra, Paulo acostúmase a pasear á beira do mar pola morriña que ten. Un día atopa a Alma, unha serea que lle propón un bico de amor.
    Un home na praia recolle doce contos fantásticos e de intriga que se basean no amor e na fantasía. Ademais conta con finais sorprendentes e imaxinativos.

Francisco Quintanilla 2ºC

4/26/2013

O BURATO NEGRO


Ese día quedara a facer horas extras no meu traballo. Estaba na miña fría e escura oficina. Mandáranme facer cen fotocopias, nin máis nin menos, cen. Pero cando fixen a fotocopia número vinte e un fallou algo. Saíu cun gran burato negro no medio, era tan grande que ocupaba todo o folio. Despois de estar un bo anaco pensando, decidín tocala. E que sorpresa levei! Podía atravesar a materia coa fotocopia. Funme. Deixei o traballo sen terminar, pero dábame igual. Cando cheguei á casa tiven unha gran idea. Ese insignificante papel ía cambiar a miña vida.
Chamei a un amigo. Só era un amigo aínda que eu quería que fose algo máis que iso. Quedamos no parque onde nos coñecemos e a fotocopia era a número vinte e un, o día que me dei conta que sentía algo máis ca unha simple amizade por el. Cando nos vimos saudámonos e falamos. Logo dun tempo falando díxenlle que colocase a fotocopia no lado esquerdo do peito. Entón abrinas. Abrín as portas do seu corazón.

                                                        Andrea Buyo Míguez, 1º B

3/12/2013

1/30/2013

RIVAS, Manuel: Bala perdida

http://www.ucm.es/BUCM/escritores/manuel_rivas/adi1718.jpg Uns piratas collen a unha  xornalista  para que escriba no seu periódico unha noticia sobre os nazis. RosaRibeiro,tamén chamada Ganso Salvaxe,é unha xornalista de Atlas ,pobo mariñeiro, que escribe no xornal Celtics News que fora  fundado  polo seu pai ,Fernando Ribeiro.Un día ao seu lugar de traballo chegaron uns piratas enviados por Bala Perdida,a xente de Atlas falaba deste pirata coma se nunca existira.Estes  dixéronlle que  fora con eles,  pero non podían decirlle o porqué.No barco pasáronlle moitas aventuras.
Un día Bala Perdida levouna  a   unha furna situada en San Andrés de Teixido .  Alí descrubriu unha cripta con ouro pero non se podía tocar, porque estaba maldito .Bala Perdida explicoulle que fora levado ata alí polo barco Zaratrusta no ano  1945, porque as persoas que faleceran por causa dos nazis lles queimaban  os dentes e os ósos e tranformábanos  neste  ouro.O pirata pediulle a Ganso Salvaxe que escribira unha noticia no Celtic News ,pero que non desvelara todo o segredo e se alguén o lía e se interesaba que fora ao seu estudo .Un día chegou a imprenta  Walter Benjamin un señor baixiño ,que proviña do Congreso Mundial,interesándose  pola noticia que Rosa escribiu. Ao día seguinte deu unha pista para que as persoas do  Congreso Mundial foran  a San Andrés de Teixido e colleran o ouro que lles pertencía por ser  dos seus seres queridos. Ao longo da súa estanza no Liberdade, barco dos piratas, Rosa namora dun pirata, Rai.                    

É un libro no que ocorren moitas aventuras e tamén ten unha parte romántica, no tocante a Rai e Rosa.É moi divertido; a min gustoume moito.         

Laura Amado 2ºA           

Bala perdida e os seus piratas necesitaban unha periodista para encontrar un tesouro, e acudiron a Ganso Salvaxe, en realidada chamada Rosa, que traballaba no Celtic News.
Un día  chegaron a unha igrexa cunha cripta na que  Ganso salvaxe atopou lingotes de ouro, pero como eran nazis Bala Perdida prohibiulle collelos. Logo foi secuestrada.Ese home, Herr Doktor non lle daría comer ata que non lle dixera onde estaba o ouro da maldición.
Rosa estaba presa e vixiada por unha señora, a quen enganou  dicindo que ía mandar unha receita co medicamento para a súa calvicie, e en realidade mandou unha carta de socorro.


Bala perdida é un libro entretido e segue sempre a mesma historia, non cambia moito de tema.
Considero unha boa elección escoller a Ganso Salvaxe para encontrar o tesouro, é unha rapaza moi intelixente. O momento máis importante eu creo que claramente é cando encontran o tesouro e ten que escribir o que pasou en forma de conto, porque se non escribise o conto despois a historia non tería sentido.
Este libro  paréceme incríble, non é só para nenos pequenos, tamén para adultos e adolescentes ós que lles gusten as aventuras de  piratas e con algo de intriga

Pablo Ferrer Herrero    2ºA
                                  

MAYORAL, Marina: tristes armas

 MAYORAL, Marina: tristes armas. Vigo, 1994. Edicións Xerais

 
 Harmonía e Rosa son dúas irmás procedentes de Galicia, exiliadas a Rusia a
 causa da Guerra Civil. 
 Os seus pais estaba loitando, polo que tiveron que quedar nun orfanato.
 Alí coñeceron a súa profesora e a León, o seu mellor amigo que  pronto será
 algo máis.
 
 E cos seus pais que pasaría?
 
 Se queredes saber o que pasou lede o libro que seguro que vos vai gustar
 moito porque, aínda que é triste, ten un final feliz e bonito asi que xa
 sabedes, lédeo, seguro que vos gusta!

 Laura Cortés Gil   2ºA  Nº15

1/24/2013

MASINI, Beatrice: Adiviña quen son

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Datos/Portadas/978-84-92404-09-4.jpg 
MASINI, Beatrice: Adiviña quen son. Vigo, 2008. Tambre 
Dous rapaces envíanse mensaxes anónimas para contarse o que pensan dos seus compañeiros, da súa familia... pero o máis importante, para contarse o que senten un polo outro. Aquí empeza unha historia de amor onde a intriga é coñecer o nome da moza que conquistou o corazón de Michele. 

 Pareceume unha historia interesante, pola maneira en que está escrita, que te atrapa dende as primeiras liñas. É emocionante e, ao mesmo tempo, presenta un pouco de intriga porque queres coñecer o nome da rapaza e as últimas mensaxes anónimas. O amor, a amizade, esa covardía de non querer que os nosos sentimentos saian fóra de nós... son cousas que nos acompañan ó longo da vida. Por estes motivos creo que o autor elixiu moi ben os temas do relato. O libro mestura  a dozura das palabras coa intriga de coñecer o que vai suceder no final. Pero, sobretodo relata unha historia de amor: mensaxes anónimas, algún que outro enfado... Adiviña quen son é unha magnífica obra para mozos, que mantén en toda a historia esa intriga que a fai única

5/16/2012

ROMEO E XULIETA

FICHA TÉCNICA
Título: Romeo e Xulieta.
Autor: William Shakespeare.
Editorial: Galaxia, BG
Tradución: Miguél Pérez Romero (La Voz de Galicia).

RESUMO
Romeo é un mozo da familia dos Montesco.
Nun principio namorado de Rosalina, vai á festa dos Capuleto, para esquecela, e namórase de Xulieta, unha moza da familia dos Capuleto.
Os dous namóranse e Romeo pídelle a Xulieta a súa man. Casan en segredo e, o mesmo día da voda, Romeo é desterrado por matar a un home chamado Tebaldo.
A partir de aquí deberás ler o libro para saberes o tráxico final.
Recomendo este libro aos que non lles importe chorar ao ler e aos que gocen dun vocabulario extenso, posto que eu tiven que sacar moitas palabras polo contexto.
SARA MARTÍNEZ LÓPEZ 1ºA Nº 14

2/28/2012

Irmán do vento de M. LOURENZO GONZÁLEZ


Autor: M. Lourenzo González
Editorial:Xerais
Ano de Edición: 2003
Premios recibidos: Premio Merlín 2003

Irmán do Vento conta a historia de Kaled, un rapaz irakí e musulmán da tribo Koblai e habitante do Lemikush.
A nosa personaxe principal ten case 16 anos  e como calquera mozo da súa idade ten soños e proxectos de futuro que quedan destruídos co comezo da guerra de Irak. O pai de Kaled marcha xunto con moitos homes  da súa aldea defender a capital do país do ataque estranxeiro.
Tralos primeiros días de ataques a súa familia recibe novas dende Bagdag de seu pai. Pero o carteiro trouxo unha mañá outra carta que cambiaría a súa vida; escrita a máquina comunicáballes que seu pai estaba desaparecido en combate.
Kaled decide abandonar a súa aldea e viaxar ata a capital en busca de seu pai , vivo ou morto.
Conseguirá Kaled chegar a Bagdag atravesando o deserto iraquí ? Que perigos atopará ó longo de tantos quilometros de soedade?
Dará con seu pai no medio do caos dos disparos dos francotiradores?
Podédelo descubrir neste interesante libro que nos acerca a acontecemtos históricos moi recentes.
AMAIA TOMÉ 1ºC