Ben, despois dun periodo tan creativo, que esperemos que continúe xa para sempre, logramos facer este pequeno libro onde recollemos algunhas das nosas creacións. Non poden estar todos os poemas, porque senón sería un libro infinito, pero si contén unha boa mostra do traballo feito ao longo deste tempo. Temos que felicitar a todos os creadores, porque o entusiasmo demostrado foi moi grande, poucas veces unha actividade os engachou tanto. Parabéns a todos. E seguide así. Facédelo moi, pero que moi ben.