O inspector Luís
Milán acábase de incorporar ó traballo despois dunha baixa por depresión a
causa da morte da súa muller. Ao chegar adxudícanlle un novo caso que
aparentemente non precisa intervención da policía, pois parece unha explosión
de gas causada por un despiste, que, máis tarde se convertira en intencionado e
será o primeiro de moitos sucesos e mortes estrañas arredor dun círculo de
persoas. Todo o mundo pensa que ditos sucesos non teñen nada que ver entre eles
e que calquera relación é pura coincidencia. Pero Meilán ten unha corazonada e
sabe que detrás de todo isto hai alguén provocando aquelas mortes e está
disposto a encontralo.
Paréceme
unha historia fascinante que volvería ler sen dubida. Quizás, o que menos me
gustou foi a mestura do galego e do castelán nos diálogos porque dificultaba a
lectura polo cambio de idioma, pero recoméndolla a calquera persoa, tanto rapaces da miña
idade coma algo maiores ou pequenos ca min, que queiran pasar un tempo agradable lendo
en galego unha historia intrigante.
Sara Vicos 2ºC
Ningún comentario:
Publicar un comentario