Amosando publicacións coa etiqueta policíaca.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta policíaca.. Amosar todas as publicacións

4/08/2013

AGHATA CHRISTIE REENCÁRNASE EN BETANZOS


 O CRIME PERFECTO


Si, en efecto, alí estaba eu nas festas de San Roque. Era o día 18, os Caneiros.
Recordo ese día coma se fose onte. Un domingo de hai cinco anos. O vinte e cinco de agosto de dous mil doce. Fora ata a ribeira do río Mandeo para ver os fogos artificiais e os bonitos barcos que regresaban da festa. Aínda non había moitos xa que eran as sete, cedo.
            O día  estaba a transcorrer con normalidade  ata que, de súpeto , divisouse algo ría abaixo, flotando entre os barcos. A xente comezou a gritar e a asustarse.
            Era o que os meus ollos vían: un cadáver. A min, que son a mellor detective de todo Betanzos asignáronme este caso. O meu equipo sacoulle fotos ao cadáver, recolleu posibles probas e levouno ao laboratorio forense. Como antes dixen, son a mellor detective e polo tanto podería resolver este complicado caso. Podíase ver que se trataba do cadáver dun mozo. Identificámolo. Chamábase Xacobe Lata Mahía, era novo: dezanove anos. Interrogamos as persoas que estiveran con el ese mesmo día. Vírano por última vez contra as catro da tarde no campo dos Caneiros. Afastárase do grupo e non volvera.
 Na súa roupa encontramos pegadas de mans humanas. As mans dun dos seus amigos: Rodrigo Casal Fernández, que misteriosamente tamén desaparecera seguindo a Xacobe. Só que el volvera logo de media hora. Estaba eu interrogándoo cando o meu equipo me deu unha mala noticia: as probas do crime desapareceran! Fomos ata a casa de Rodrigo. Entramos na  súa habitación e vimos tódalas probas escondidas debaixo da cama. Non rompín máis a cabeza. Arrestámolo por homicidio. El dicía que era inocente pero nós non o cremos. Tiña que pasar dez anos no cárcere. Pero só pasou cinco, morreu. Faleceu debido a unha grave enfermidade. Todo Betanzos volveu á normalidade.
 O que ninguén soubo foi por que Rodrigo matou Xacobe e como puido facer para baixar na barca e soltar o cadáver ao río. Tampouco descifraron como fixo para levar as probas á súa casa se estaba retido na comisaría. Eu si que o sei. Rodrigo era inocente.
O cadáver estaba enganchado no río cunha cordiña moi, moi fina. Ese día había moita corrente e a cordiña rompeu. Que como o sei? Fácil. Porque Rodrigo non matou a Jacobo, as probas púxenas eu na súa habitación e as súas pegadas o mesmo.
Rodrigo non era o culpable do asasinato.

                                                                                                Andrea Buyo Míguez, 1ºB

1/24/2013

O enigma da herdanza Hertz de PIERRE GRIPARI

http://www.doctortrade.com/images/products/libros/7/2701147/o-enigma-da-herdanza-hertz_1333170_776.jpgGRIPARI, Pierre: O enigma da herdanza Hertz. L’Age d’Homme,  Cumio,1986.

O detective Nap Snadel xunto co seu bo amigo o doutor Gastón teñen un novo caso. Un novo caso estraño no que nun principio un detective non tiña nada polo que intervir pero o que acaba cunha gran fortuna, un asasino, tres mortos inocentes e un impostor. Karl Hertz, morto recentemente deixa unha herdanza que consistía esencialmente en seis lotes, seis obxectos de arte sen gran valor, respectivamente atribuídos ós seis fillos. Aínda que levara unha vida sinxela, faciase pasar por moi rico. Disto pódense deducir dúas hipóteses: ou ben enganou os seus herdeiros facéndoos crer que era rico ou ben agochou un sétimo lote ou nun dos seis obxectos pertencentes a herdanza ou nalgunha outra parte.

 Este relato resultoume moi interesante e emocionante pola súa continua intriga e o seu gran suspense. Paréceme unha historia fascinante e excelente que lle recomendo a calquera persoa, tanto a rapaces da miña idade coma a adultos, sempre que queiran sentir unha mestura de diversión, intriga e emoción.
 Sara Vicos 2ºC

1/16/2012

O can dos Baskerville de ARTHUR CONAN DOYLE



CONAN DOYLE, Arthur:  O can dos Baskerville
Ed.Xerais de Galicia Nº de edicion 1º Vigo 1910.


  O can dos Baskerville é unha nova aventura de Sherlock Holmes, o mellor detective da historia, na que o enigma presenta características realmente interesantes, porque ó feito criminal súmaselle unha maldición familiar que se  desenvolve nun ambiente misterioso e fantástico. Os acontecementos levan a que a explicación sobrenatural,  pero o que di Holmes convértea  nun feito lóxico e natural,  ademais as incógnitas non son un problema porque se  van destapando pouco a pouco.

  A min este libro encantoume porque me gustan moito os libros de misterio. Aínda que ó principio aburre un pouco, acaba enganchando  moitísimo.

Noelia Valiño Vidal 1ºD