Velaí van as bases para a categoría xuvenil
(relato curto e poesía):
PRIMEIRA. Participantes
Poderá participar todo o alumnado que estea a
cursar a ESO, o Bacharelato ou os ciclos formativos ata os 18 anos nos centros
de ensino de Betanzos.
SEGUNDA. Tema
e contido
O tema é libre tanto nos relatos como na
poesía
TERCEIRA.
Formato
Establécense dúas
modalidades de participación, relato curto e poesía. O relato curto deberá ter
unha extensión máxima de cinco follas e no caso da modalidade de poesía
poderanse presentar ata cinco poemas.
Os orixinais deberán
estar mecanografados a espazo e medio por unha soa cara con letra Times New
Roman ou Arial, tamaño 12 puntos ou similar. Validarase a calidade estética e
lingüística e a orixinalidade.
Os traballos deberán
presentarse en lingua galega. As persoas participantes concorrerán cunha única obra
orixinal, inédita e individual. Nos traballos deberán constar os seguintes
datos: nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono, curso e centro.
CUARTA. Presentación
O prazo de entrega dos
traballos está aberto do 29 de abril ata o día 15 de maio de 2013. As creación poderanse
entregar nas secretarías do IES Francisco Aguiar, do IES As Mariñas e do CPR
Nosa Señora do Carme “Atocha”, no Servizo de Normalización do Concello de
Betanzos (Casa do Concello, 2.º andar) ou no enderezo electrónico: normalizacion@betanzos.net. A
convocatoria deste concurso e as súas bases publicaranse no Boletín Oficial da
Provincia da Coruña, así como na páxina web do Concello de Betanzos (www.betanzos.net).
QUINTA. Premios
Establécense diferentes
categorías para a participación. Haberá dous premiados en cada unha das categorías,
un primeiro premio e un accésit. Na categoría do alumnado da ESO (12-16 anos)
haberá un primeiro premio de 300 euros e un accésit de 150 euros. Na categoría
do alumnado de Bacharelato e ciclos formativos (16-18 anos) haberá un primeiro premio
de 300 euros e un accésit de 150 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario