Amosando publicacións coa etiqueta publicidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta publicidade. Amosar todas as publicacións

11/13/2013

Publicidade en 2ºD

Os publicistas de 2ºD, despois de espremeren os miolos un tempo, crearon os anuncios que vedes na seguinte presentación. Como podedes observar, o obxectivo era publicitar o uso do galego entre os rapaces e rapazas do instituto.Todo un reto. Agora queremos escoller o mellor, pero non nos resulta fácil, por iso pedimos a vosa colaboración: cal vos gusta máis? Cal cumpre mellor co obxectivo? Axudádenos cos VOSOS COMENTARIOS. Para participar tedes que identificarvos e xustificar a vosa elección. Á volta de Nadal daremos por vencedor o anuncio máis comentado.


10/28/2012

Sairemos como galegos!!!

Cando estivemos traballando a publicidade en 2º curso case non puidemos ver anuncios comerciais en galego, só atopabamos publicidade institucional. A conclusión foi fácil: o galego non vende, e diso tamén puidemos falar. Gadis vén de sacar esta campaña, variante da súa xa famosa "Vivamos como galegos", na que os nenos ocupan o lugar que nas anteriores tiñan os adultos e cun cambio no eslogan:"Sairemos como galegos".
 Participade cos vosos comentarios opinando sobre este anuncio e reflexionando sobre a súa finalidade: saír de que?, por que nenos remedando situacións que xa coñeciamos de campañas anteriores? Veña, adiante.



10/22/2012

Fálame!!!

Este é eslogan que Carmela, Noelia e Manuel de 2º C escolleron para o seu anuncio publicitario: breve e contundente. Parabéns aos autores.