Amosando publicacións coa etiqueta humor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta humor. Amosar todas as publicacións

4/25/2013

LINDO, Elvira: Manolito ten un segredo.

   

Este libro trata dun neno chamado Manolito que vive en Carabachel (Alto).Cos seus pais, o seu irmán(O Idiota)

e o seu avó.Estase a acercar o nadal  e vén o alcalde do barrio a ver a actuacción dos rapaces ao colexio. Teñen que ir disfrazados de ovellas e pastoriños.Todo estaba ben preparado ata que chegou o día,non todo sucedeu como o tiñan previsto.                                                                                                                                                                                                                                         
 


O libro gustoume porque me  fai rir en todo momento e pásdoo moi ben cos personaxes.Recoméndollelo aos rapaces que están dispostos a pasar un tempo agradable e aos que teñan  sentido do humor.É moi entretido, pero sobre todo e unha historia moi boa.

Antía Vázquez 2ºC

4/16/2012

E AGHORA, COMPRACENDO A GHRAN A ENCHENTA DE PETICIÓNS ...





 
A GUARDIOLA (OU NON)


Que me meta me piden con Guardiola
Os ultras do merengue e de Mourinho.
Ides ver como son ben guiadiño,
E espero que estes versos traian cola.

 Como o que me pedides non me mola
Mellor verei de darvos nos fociños:
Ben certo que os que gostan de Mourinho
Non poden estar moi ben da cachola.

 Confío que isto sexa suficiente,
Que responda algún dos aludidos
Se dentro da cachola teñen mente.

 Se o voso orgullo branco está ferido,
Se tedes un cabreo ben doente
Mostrádeo aquí en versos ben medidos.

3/27/2012

Versionando poemas





Velaquí un exercicio máis que  propoñemos aos nosos estupendos siareiros/larpeiros: facer versións "actualizadas" dos poemas que máis nos gustan. Como mostra comezamos versionando o texto quizais  máis significativo, e moi actual no seu contido, da nosa literatura do Pre-Rexurdimento. ¡Que vos preste, xa estamos agardando os vosos!


A GALICIA                                                                                

Óu Galicia, Galicia boi de palla
Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro!
O aguillon que che menten è de aceiro
E con el muita forza te asoballa.

 No lombo teu zorrega, bate e malla
Fasta o máis monicreque ferrancheiro,
E calesquer podenco forasteiro
Te vafa, de vergonza sin migalla!

 Agarima alleeira eses ingratos
Ou vívoras que postas ò teu peito
Co ferrete che rompen mil buratos!

 Si o sangre teu refugas do teu leito,
Malas novas, madrasta de insensatos,
Dos fillos teus ò amor non tès dereito.

(Xoán Manuel Pintos, 1862)




A MOURINHO (A nosa versión)

Ou, Mourinho, Mourinho, quen te atalla
Se non che vale máis que ser primeiro!
Contaxias a soberbia ao siareiro,
Barullos e liortas sempre a esgalla.

No lombo teu quen bate se escaralla
Pois tes o coiro duro como o aceiro.
Ti reinas rodeado de floreiros:
Florentinos e Valdanos asoballas!

Esquece, ou Mourinho, eses ingratos
Que non valoran xa ben os teus feitos
E din que un tal Guardiola é máis sensato!

Ti sigue así, Mourinho, sempre ergueito,
Salieri de millonarios contratos,
Se fútbol non tes máis, bótalle peito.

2/13/2012

Manolito catrollos ELVIRA LINDO


ElVIRA LINDO,Manolito Catrollos. editorial Alfaguara. 4º edición.

   Este libro vai dun neno chamado Manolito, que vive co seu irmán,a súa nai,o seu pai e o seu avó.
Manolito vive moitas aventuras: un día pelexou cun amigo seu chamado Yihad.Tamén foi a unha psicóloga que  acabou botando a  Manolito da súa consulta.Outro día foi mozo dunha nena chamada Susana.Un día pintou cuns rotuladores todo o edificio no que vivía...
   Ata que un día chegou a súa clase e a mestre díxolles que ían ir a un concurso de disfraces representando a paz mundial.Pero cando chegou ese día estaban todos nerviosos, e non lles saíu ben pero...todo a partir dese momento ía cambiar por completo.Sobre todo porque xa faltaba pouco pra que empezara o verán.

  É un libro moi entretido porque mentres que o les,estaste sentindo na pel doutra familia e noutro pobo...Vives moitos momentos pero os que  máis che quedan son os que lle suceden aos personaxes.Tamén é un libro moi gracioso porque Manolito fai cada trastada... Recoméndollo a todos aqueles que queiran pasar un bo tempo rindo e divertíndose coas aventuras de Manolito.
Antía Vázquez 1ºC