Ese día quedara a facer horas extras no meu traballo.
Estaba na miña fría e escura oficina. Mandáranme facer cen fotocopias, nin máis
nin menos, cen. Pero cando fixen a fotocopia número vinte e un fallou algo.
Saíu cun gran burato negro no medio, era tan grande que ocupaba todo o folio.
Despois de estar un bo anaco pensando, decidín tocala. E que sorpresa levei!
Podía atravesar a materia coa fotocopia. Funme. Deixei o traballo sen terminar,
pero dábame igual. Cando cheguei á casa tiven unha gran idea. Ese insignificante
papel ía cambiar a miña vida.
Chamei a un amigo. Só era un amigo aínda que eu quería
que fose algo máis que iso. Quedamos no parque onde nos coñecemos e a fotocopia
era a número vinte e un, o día que me dei conta que sentía algo máis ca unha
simple amizade por el. Cando nos vimos saudámonos e falamos. Logo dun tempo falando
díxenlle que colocase a fotocopia no lado esquerdo do peito. Entón abrinas.
Abrín as portas do seu corazón.
Andrea Buyo Míguez, 1º B
é moi bonito,Andrea,encantoume.
ResponderEliminarÓscar Barreiro Doldán 1ºB