4/27/2012

Que é poesía?



Que é poesía?
Uf!!! Que pregunta tan difícil.
Hoxe, na clase de 1ºD,  estivemos tentando atopar unha resposta e isto é o que obtivemos. Fermosa resposta.

Calquera canción vermella, dóeme.
Algúns coches divertidos gabéanme.
A felicidade tráxica máncame.
Eses cabalos rápidos tropézanme.
Varias compañías tranquilas acubíllanme.
Un blues negro estráñame.
O teu amor áxil, fáltame.
Alumnas e alumnos de 1ºD.