Ímosvos deixar un artigo publicado no diario El País que lle deu a idea a Jordi Sierra i Fabra para escribir esta preciosa historia que estamos lendo na clase e da que estamos desfrutando todos: o pranto dunha nena nun aeroporto, a reflexión sobre a relación dunha nena coa súa boneca, a entrada nese mundo da infancia, onde a perda dunha boneca é un drama, e a reflexión sobre o salto ao mundo adulto.
FRAGMENTO LITERARIO: A boneca viaxeira.
César Aira 08/05/2004
"Kafka foi o máis grande descubridor de signos na vida moderna". Unh proba é a historia sobre o seu encontro cunha nena e a novela que creou ao redor dela. Aquela pequena saloucaba no parque Steglitz do Berlín de 1923 pola perda da súa boneca. Pero o escritor achegouse e converteu esa ausencia nunha viaxe fantástica que, envolta nunha relación epistolar, curou a ferida aberta pola experiencia dun dó prematuro.
O ano pasado, despois de pasar os detectores de metais nun aeroporto, oín uns berros estarrecedores que fixeron volver a cabeza a todo o mundo. Era unha neniña de tres ou catro anos , chorando con desesperación. A nai alcanzáraa e trataba de calmala, en van. Os berros subían de volume cargados dunha anguria que a nena, evidentemente, se empeñaba en facer pública. Abrazaba unha boneca, xesto polo que deducín o que debera pasar: os policías de seguridade revisáranlle a boneca. Confirmeino cando pasaron ao meu lado e oín a nai dicíndolle: "Xúroche que non lle fixeron nada, xúrocho..." Alguén me comentou despois, cando lle contei a historia, que bonecas e xoguetes son especialmente temidos nesas circunstancias, porque os secuestradores de avións os usaron máis dunha vez para introducir armas. Quen sabe o que pasara pola cabeza desa nena ao ver a súa boneca en mans dos policías; quizais a atravesaran con agullas ou a apalparan dun xeito ameazante; quizais viviu unha especie de violación vicaria; despois de todo, as nenas depositan moitos sentimentos nas súas bonecas. Sexa como sexa, a boneca pasara o exame, aínda a custo das bágoas da súa dona, e xa estaba "en tránsito". A situación lembroume unha historia pouco coñecida na vida de Kafka.
En 1923, vivindo en Berlín, Kafka adoitaba ir a un parque, o Steglitz, que aínda existe. Un día encontrou unha neniña chorando, porque perdera a súa boneca. Kafka inventou ao instante unha historia: a boneca non estaba perdida, só fora de viaxe, para coñecer mundo. E escribíralle á súa dona unha carta, que el tiña na casa e lla traería ao día seguinte. E así foi: esa noite dedicouse a escribir a carta, con toda seriedade. (Dora Diamant, que conta a historia, di: "Entrou no mesmo estado de tensión nerviosa que posuía cada vez que sentaba no seu escritorio, así fora para escribir unha carta ou unha postal"). Ao día seguinte a nena esperábao no parque, e a "correspondencia" prosiguiu a razón dunha carta por día, durante tres semanas. A boneca nunca se esquecía de enviarlle o seu amor á nena, á que recordaba e botaba de menos, pero as súas aventuras no estranxeiro retíñana lonxe, coa aceleración propia do mundo da fantasía, estas aventuras derivaron nun noivado, compromiso, e á fin matrimonio e fillos, polo que o regreso adiábase indefinidamente. Para aquela, a nena, lectora fascinada desta novela epistolar, reconciliárase coa perda, á que acabou vendo como unha ganancia.
Privilexiada nena berlinesa, única lectora do libro máis fermoso de Kafka. Contáronme, e quero crer que é certo, que o gran estudoso de Kafka, Klaus Wagenbach, buscou durante anos esa nena: interrogou veciños do parque, revisou o catastro da zona, puxo avisos nos diarios, todo para nada. E aínda a día de hoxe visita periodicamente o parque Steglitz, examina as señoras moi maiores que levan xogar os seus netos. A nena xa debe de ir para os noventa anos, e é difícil que a atope. Pero esforzo paga a pena. Estas cartas da boneca teñen todo para facer soñar non só a un editor como Klaus Wagenbach.
O pranto da nena do aeroporto enlazaba co da enena do parque Steglitz, a oitenta anos de distanza. Tendemos a sorrir fronte ao pranto dos nenos, porque os seus dramas parécennos menores e fáciles de solucionar . Para eles non o son, e facer o esforzo de entrar nas relatividades do seu mundo equivale ao traballo de entrar ao mundo dun artista, onde todo é signo.
O contrato dunha nena coa súa boneca é un contrato semiótico, unha creación de sentido, sostida na tensión do verosímil e a fantasía. De aí que a anécdota non sexa casual: Kafka foi o máis grande descubridor de signos na vida moderna. Reiner Stach sinala con moita pertinencia na súa biografía de Kafka , que para o escritor non se trata só de de saber observar, senón que é preciso descubrir os signos ocultos no que se observa. A eloxiada precisión quirúrxica da mirada de Kafka facíase escritura na transmutación do visible en signo.
A desaparición do libro das cartas da boneca, por moito que a lamentemos, deberiamos vela como un signo positivo. É o elemento que, pola súa ausencia, dá sentido ao resto da obra, que é unha saga de desaparicións cuxa presenza en forma de relatos,de escritura, ten por función pechar a ferida pola perda.
Por pouco que o pensemos, esta función foi a que lle deu orixe aos contos que se lles contaban aos nenos para ensinarlles a temer o mundo, e ao mesmo tempo para que aprenderan que o mundo existira antes ca eles, e seguiría existindo sen eles. Foi esta función terapéutico-didáctica a que realizou a obra de Kafka, e por iso con el pechouse o ciclo histórico da literatura infantil. Os seus contos de fadas fixeron anacrónicos todos os demais, e o século XX, por mor del, non tivo os seus Parraults, nin os seus Anderse (nin o seu Dickens). Pero tivo a Kafka, e é suficiente.
Eu non son fan dos libros que non teñen accion pero teño que recoñecer que é un bo libro.
ResponderEliminarEu non son fan dos libros sen acción pero teño que recoñecer que é un bó libro.
ResponderEliminarPareceume moi bonito este libro. Ao principio non o entendía e parecíame moi aburrido, pero a medida que o fomos lendo na clase o fun entendendo e cos compañeiros era máis divertido.
ResponderEliminarGustoume moito este libro pola bondade que tiño Kafka ó axudar tanto a unha nena que non vira na súa vida.tamén gustoume as cartas que Bríxida lle enviava a Elsi.
ResponderEliminarAtenta Maia: "Tamén me gustaron as cartas que ríxida lle enviaba a Elsi"
EliminarCorcordancia de suxeito e verbo, colocación do pronime átono b no copretérito de indicativo.
Gustoume moito polo mundo que crea Franz Kafka no mundo de Elsi
ResponderEliminarKafka e a boneca viaxeira é un libro moi bonito que che ensina unha gran lección.Un home que renuncia a escribir os seus libros e que lle escríbe cartas a unha nena chamada Elsi que viu no parque chorando porque perdera a sua boneca chamada Bríxida. Mete a un adulto maduro no mundo dos nenos que ao principio non lle gustba moito pero ao final dálle pena deixar de escribir esas cartas.
ResponderEliminarGustoume moito o libro por os mundos que crea kafka.
ResponderEliminarpolos: hai que contraer a preopsición co artigo.
EliminarEste libro gustoume moito,porque con el aprendín que a infancia e moi importante e a vondade de Kafka con Elsi ensinoume que hai que ser vo cos demais.
ResponderEliminarManuela, atenta coa ortografía: til en é (verbo ser) e bo e bondade son con b.
EliminarGustoume moito este libro porque trata un tema moi bonito e con toda a sinceridade do mundo recomendaríalle este libro a calquera rapaz oo rapaza que queira pasar un bo momento lendo un gran libro dunha historia fantasticamente bonita.
ResponderEliminarGustoume moito o libro por os mundos que crea kafka
ResponderEliminarA min gustoume moito o libro de kafka e a Boneca viaxeira porque é unha idea moi orixinal por parte do autor. Tamén me gustou moito pola mestura de temas e sentimentos que hai nel.Kafka e a Boneca Viaxeira pareceume un dos ibros máis bonitos que lin nunca en galego.Conta a historia dunha nena que perdeu a súa boeca e Kafka, en vez de dicirlle que nunca volverá estar con ela, díxolle que se fora de viaxe.
ResponderEliminarkafka e a boneca viaxeira e un pouco aburrido triste pero ao final me gusto moito.
ResponderEliminarEste libro, aínda que non sexa de acción é un libro cunha historia encerrada que intenta revivir. Kafka é a primeira persoa que abre a porta entre o mundo ideal da confianza e a dos desánimos e os enfados. Eses dous munodos son o mundo da infancia e o mundo adulto. Esa porta é aberta grazas a Jordi sierra, que a reflexou neste precioso libro e que só os bos lectores souberon descifrar.
ResponderEliminarO libro de Kafka e a boneca viaxeira fíxome saber que
ResponderEliminarsempre podes facer algo bo polos demais mostrando o
exemplo do que fixo Kafka con Elsi.
A min este libro gustoume porque fai que un home se meta na infancia dunha nena que chora por unha boneca a que nunca deixou e agora perdeuna.Pareceume impresionante que ese home se poidase meter nunha infancia que el xa viviu.
ResponderEliminar"... se puidese meter"
EliminarEste lilbro impresionume polo feito de que Kafka lle escriba cartas a Elsi coma se fora a súa boneca perdida gustoume, porque a pesar de que algúns lle dicían que facía o tonto kafka seguía escribindo cada vez máis.
ResponderEliminar