Gabriel, un mozo de Vilamor,
comezou a ter problemas cando un veciño da aldea lle propuxo que fora falar
co Home Gordo, un importante contrabandista, para pedirlle traballo na
ilegalidade.
O rapaz non era consciente de
onde andaba metido, el só pensaba nos cartos que lle ían entregar a final de
mes,e que tanto necesitaba.
Nestes meses de delirio, os
seus principais apoios foron: Lina, unha rapaza da que segue namorado, os seus
cans, Frido e Merlín, e a súa paixón pola súa terra natal.
É un
libro interesante e aventureiro que axuda a coñecer como é pasar o límite do
legal. Doutra banda, mestura o medo que Gabriel sente ao descoñecer o mundo no
que aceptou vivir, coa intriga de querer saber
o que lle pode suceder.
O mundo do
contrabandismo é un tema importante na nosa sociedade, e sobretodo hoxe en dia.
Esta historia busca ser realista, adentrándonos na vida dun novo contrabandista, vida marcada pola súa familia, polos seus amores...
Pasa-lo
límite é un libro para todos
aqueles mozos que queiran vivir,
de primeira man , unha experiencia no borde do legal, con suspense e aventura.
Rosalía Doporto Regueiro 2ºC
Ningún comentario:
Publicar un comentario