Hoxe, 25 de novembro,é o Día contra a violencia de xénero. A vós, rapazas e rapaces da ESO, pode parecervos un tema alleo, algo que só lles ocorre aos maiores, ou en lugares lonxanos, con leis terribles para as mulleres... Pero non é certo; a violencia de xénero está aí, detrás da porta de cada aula, nos recreos... estase xermolando e calquera día pode aparecer en forma dun animal enorme e incontrolabe: cando lle dicides á vosas mozas que non queredes que fale con outro rapaz, cando lle controlades a súa forma de vestir, as súas amizades; e vós cando confundides todo iso con amor:"quéreme moito, por iso non quere que fale con outro", "quéreme moito, por iso non lle gusta que outros me miren". O amor é liberdade, se non vos quere como sodes, como vos mostrades, non vos quere. O amor non é control.
Para a reflexión quedan un conto e un poema, os dous lonxanos, é certo, pero non tanto como pode parecer. O fondo é o mesmo:
¿Por que a mataches?
Escena
teatral
A escena desenvólvese nun recuncho do patio do cárcere. Un preso
de mediana idade e outro máis novo, vestidos co traxe de penados. O
máis novo, é un recén chegado. Falan. O maior ponse a cheirarlle o
traxe con fruición. Non para de cheirar.
-¡Tío, que pasa! ¿Por que me cheiras? –retírao e escúlcao-.
¿Estás tolo? ¿Es maricón ou que? Xa me dixeron que o cársere
estaba cheo de maricóns. Pero iso si que non, cagho en…
-Non botes por ela, rapás, que a home non hai quen me ghañe. Cando
leves tempo aquí cheirando esta porcallada aprenderás a valorar un
cheiro auténtico. Isto aínda cheira a pano –e volve cheirarlle o
traxe-, a la. Dentro de pouco collerá o cheiro nauseabundo que ten
todo aquí. Comproba –e achégase para que o cheire-, cheira o meu.
-¡Pero, tío, xa vale…! – di o mais novo retirándose.
-Non sexas parvo, ¡ho! Xa che dixen que a home
non hai quen me ghañe. Cheira, xa verás…
-¡Agg ! ¿Seica non te lavaches desde que entraches ?
-É inútil. O cheiro da cadea envólveo todo. Ao principio de
cheghar andaba con arcadas todo o tempo. Non me aghuantaba a comida
no estómago. Despois, terminas confundido nesta merda.
Máis tranquilo, o recén chegado pregunta:
-¿E logho ti por que estás aquí?
-Porque matei a miña muller.
-¡Arre demo! ¿Por que a mataches?
-Porque se me repuxo. Xa che dixen que a home non hai quen me ghañe.
O caso é que ela ser, era dósil. Non penses nunha lercha desas.
Non. Nunca unha palabra máis alta ca outra. ¡Tráeme isto!, e sen
chistar. A comida á súa hora. A casa limpísima. Todo ben. Pero un
día empesou a non mirarme. Obedesía pero ocultábame a mirada.
¿Pásache algho? Non, nada, disía, e sen mirarme. Aquilo xa me
mosqueou un pouco. ¡Que mosca lle picara! E, ¿sabes amigho?, non
fora unha mosca. Fora unha serpe, a mesmísima serpe do Paraíso
terreal … Eu xa reseaba que algho estaba pasando. E, claro, pasou.
Uns días máis tarde, púxenme a comer unhas fanecas, e non estaban
boas, ¡carallo!, non estaban ao meu ghusto, ela ben sabía como me
ghustaba a min o peixe. ¡Seica xa non sabes fritir o peixe,
bandallo, paresen cosidas máis ca fritas, carallo, paresen fritas na
cona da nai que te pariu … ! E tireille unha faneca á cara. Só
iso. Nin lle toquei. E non queiras ver como se puxo. Aqueles ollos
que levaba sempre aghachados saíronlle para fóra coma os dunha
lurpia. Olláronme coma se visen unha fera odiosa. ¡Nunca se viu
cousa ighual! ¡E, total, que lle dixera! Xa me dirás … Non era
pra tanto. Miroume desafiante mentres pola boca lle saían as
palabras coma arrotos. ¡Maldito tirano! – e tirou ao lixo o resto
das fanecas –. Xa podes buscar outra criada que te sirva. ¡Esta
burra de cargha lisca! ¡Aínda que teña que pidir polas portas!
¡Acabouse! ¿Daste conta, amigho?, ¡arrepúñaseme! Tiña que
faserlle ver quen mandaba alí. Collín o demo dun tallo que tiña á
man e espeteillo na cabesa. Sanghraba coma un porco. Entroume un noxo
… e marchei. Cando volvín de tomar uns chanqueiros na taberna do
Tito, había xente onda a miña casa, e unha curmá da miña muller,
que non me podía ver, asomou pola varanda e empesou a ghritos
comigho. ¡Asasino!, ¡matáchela!, eu sempre lle dixen que non eras
bo, ¡asasino! Xa ves, así foi como souben que a matara. Tíñao ben
meresido, ¿a que si? Se un non pode mandar nin na casa, ¿onde imos
mandar, amigho?
(Queizán, Mª Xosé: ¡Sentinela, alerta! Xerais 2002)
Lapidadas
Como
ovellas que van ao matadeiro
camiñades
a serdes lapidadas
en
reas, silenciosas e humilladas
baixo
a mirada atenta do carneiro.
Que
o voso sangue sexa o darradeiro
a
mollar esas terras magoadas
polo
integrismo cruel, polas brigadas
dunha
fe que vos nega todo abeiro.
Maldita
sexa a man que tira a pedra!
Maldito
na semente e no futuro
o
nome dos que erguen ese muro
sobre
peitos que alentan! Sexa a hedra
nai
piadosa a cubrilas, nai que medra
a
reclamar a vida en berro puro!
MARICA
CAMPO Mulleres
ResponderEliminarParceume bastante bó,pareceme que o tema da violencia de xenero da a volta o mundo dandose noticias dende america ata australia
Non me parece ben que lles fagan eso as mulleres porque e cruel e despiadado. Tirarlles pedras e unha barbaridade e deverían traer a mulleres de países coma eses para países coma Portugal,Italia,España,etc.....
ResponderEliminarNon me parece nada ben que as persoas sean machistas porque todas as persoas somos iguais, aínda que nos diferenciemos en moitas cousas.Homes e mulleres debemos de se trtados por igual.(Andrea Buyo Míquez 1ºB)
ResponderEliminarParéceme que e moi machista o que fan, e que todos somos persoas e temos as mesmas necesidades que os homes.
ResponderEliminar-Lucía Casal 1ºB Nº8
Eu,non entendo porqe hai xente que considera que a muller é inferior aos homes.Todos somos iguais,e agardo que no futuro todos seamos tratads por igual.
ResponderEliminarJorge García Carneiro 1ºB
É un conto que ensina a que non temos que deixarnos mandar por ninguen e menos polo teu marido.Se ves que te maltrata ou que che trata coma unha criada busca axuda en alguen que che poida axudar e non quedes aos maltratos na túa casa.Non deixaes que manden en ti.
ResponderEliminarO texto está moi ben xa que os personaxes están ben feitos e te ensina a que non podes ser maltratada e antes de que sexa tarde pide axuda e non te quedes de brazos cruzado pensa en ti e en que non podes deizar que te maltraten.
Cristina Fernández Fornos 1ºB Nº15.
A min pareceume que lapidar a xente é cousa de animais...pero só as mulleres é unha cousa machistas.
ResponderEliminarAlicia García Calvo 1º B
a min non me parece ben que as mulleres non teñan o misdo dereito ca os homes
ResponderEliminarPatricia Correa Seoane-1B
Estes textos son moi tristes porque os homes non son máis cas mulleres.E logo o poema de lapidadas é un texto que non e xusto, porque os homes poen ser infieis s mulleres pero as ulleres aos home non e se o son matanas apedradas e algunhas persoas penan que no seu pais non ai violencia de xénero e se ven algun caso pensan que e culpa da muller
ResponderEliminarAndrea Fraga Castro 1ºB
Non é xusto que matara a sua muller só porque non lle fixo ben a comida. Tampouco era culpa da muller que non lle sairan como ao home lle gustaba.
ResponderEliminarCristina Fariña Fdez. 1ºB
A min no me gustou nada, porque soy de esas persoas que lle dan noxo a sangue e a morte. E moi triste
ResponderEliminaros temas que contan son horribles pero dan boas leccións contra violencia de xénero Óscar Barreiro Doldán 1ºB
ResponderEliminarno por ser chica nos ten que maltratar, todos temos os mesmos dereitos.
ResponderEliminarAlejandra 1ºA
Eu creo que matala só por unhas fanecas ou polo que sea é unha totería porquedespois tes que pasar moitísimo tempo no cárcere.Luis Estévez Ferreiro 1ºA Nº10
ResponderEliminarEstá moi mal que non haxa igualdade para todas as persoas.Non poque sexan mulleres hai que tratarlas así enon porue sexan homes teñen que ser tan prepotentes.¡¡Teriaque darlles vergoña!!...
ResponderEliminarIndhira Almonte 1ºA
Gusoume;pero eu nunca maltrataia a unha muller .
ResponderEliminarO segundo e algo dorte pa min.
Martín Meizoso Martínez
Paréceme moi forte o que fan con moitas mulleres,eu creo que as mulleres temos dereito tamén a vivir como os homes, non porque sexamos mulleres temos que servir a ninguén,temos os nosos dereitos.
ResponderEliminarCarmela Fachal París 1ºA
Xa sei que isto se fai moitas, veces pero sempre da a casualidade de que a muller e a que acaba perxudicada porque ao mellor de 10.000 casos un e unha muller a que mata oa seu marido/mozo e non sempre.E nalgúns paises se unha muller e infiel ao seu marido matana e seo marido marcha e vai por hai adiante (da igual o que faga), se o home fai o que lle de a gana non pasa nada e se unnha muller o fai sempre acabara morta.
ResponderEliminarCarla Gómez Furelos 1ºA
Pareceme ixusto que maten as mulleres por non obeder os homes anuque so sea nalguns paises en que o fagan.
ResponderEliminarAntonio Caro Fernández 1ºESO A
A min pareceme unha cousa impresionante, porque os homes non son quen de darnos e se non estan agusto que marchen da casa pero que non nos maten, eles non teñen porque mandar en nós.
ResponderEliminarAndrea López 1ºA
A min todo isto pareceme moi mal porque os que fan iso tomana coa sua muller e non teñen culpa diso sendo elas as que morren,porque non pensan nas concuencias.
ResponderEliminarMarcos Rodríguez Vila 1ºA
O primeiro texto preceume moi triste aunque eu creo que a matou sen querer e mais non e enterou da que a matara asta que chegou a casa
ResponderEliminarO segudo texto non eentendin nada asique non podo dar a miña opinion
Eu creo que esta moi mal xa que non se pode matar a unha muller por iso.E por que non faga o que queres tampouco se lle pode pegar. Sergio 1A
ResponderEliminarO 1ª texto pareceme unha salvexade,porque a muller era paticamente era a súa criada,e por ela revelarse ante el, matouna,con pabras textuais "A home non lle gana ninguen"
ResponderEliminarE o 2ª é unha auntentica loucura,matar a unha persoa un a pedradas,so por ser infiel aos seus maridos e eles ter un monton de muleres e que non llespase nada,e unha inxustiza.Ademáis,tratan a pobres mulleres como animais ,é unha salvaxade.Teñen que darse conta que as mulleres son iguais aos homes e hai que tratalas como tal.
Sofía Cerezuela Rubbo 1ªA
Paréceme moi mal o trato que reciben algunhas mulleres e tamén que algunhas mulleres sexan lapidadas.
ResponderEliminarSofía Alcudia Palacio 1ºA