A biblioteca do meu colexio
é a máis chula do universo.
Se queres xeografía,
mira na estantería.
Un, dous, tres,
un libro de inglés.
Se queres información,
aí hai un ordenador.
Se queres estudar,
todos a calar.
Os meus compañeiros
son todos uns trouleiros.
Eu, que son a máis boíña,
calo e non abro a boquiña.
A miña mellor amiga
tamén cala e non respira.
Logo vén o recreo,
que é o momento do paseo,
E a profe de galego...
uf!... Esa merece un trofeo.
Antía Vázquez Castelo. 2ºC
Paréceme gracioso pero ben feito.Sácache un sorriso e aínda máis se coñeces á nena que o fixo polo verso eu que so a máis boíña calo e non abro a boquiña
ResponderEliminarGústame moito este poema. Noraboa Antia!!!
ResponderEliminar