Onde está?
Era tarde e aínda non chegara. Chameino por teléfono pero non respondía. Non o entendía. Sempre era tan puntual.
Quedara co meu amigo Martín para ir dar un paseo ás oito, pero xa eran preto das nove. Decidín ir ata a súa casa. Chamei á porta pero non abría ninguén. Decidín volver para a miña casa e polo camiño atopei o seu móbil tirado na cuneta. Resultoume moi raro. Saíra da súa casa. Onde podía estar? Mirei ao meu arredor e non había ninguén, nin nos bares que a esta hora sempre estaban cheos de xente. Por un momento pensei que me equivocara de día ou de hora.
Mirei para o ceo e vin unha luz moi grande verde que escintilaba. Pensei que igual estaba soñando, ou que toleara. Abrín e pechei os ollos varias veces a volvín mirar, a luz afastábase. Onde ía a xente?
Ningún comentario:
Publicar un comentario