
Paulo quedou orfo moi novo. Aos trece anos o capitán 
Thomas acolleuno no seu barco, no cal navegaron durante vinte e sete 
anos ata a xubilación do seu amigo. En terra, Paulo acostúmase a 
pasear á beira do mar pola morriña que ten. Un día atopa a Alma, unha 
serea que lle propón un bico de amor.
 
    Un home na praia recolle doce contos fantásticos e 
de intriga que se basean no amor e na fantasía. Ademais conta con finais 
sorprendentes e imaxinativos.
Francisco Quintanilla 2ºC 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario