Naquela
aula so había un neno, un neno castigado e facendo copias.A súa
letra era tan grande coma o pé dun dinosauro, polo que axiña se lle
acabaron os folios. Foi por máis á secretaría, pasando por un
longo corredor. Non había ninguén alí, estaba completamente
baleiro. ``Estarán tomando o seu café do descanso´´, pensou.
Colleu unhas follas que se encontraban enriba da fotocopiadora e
volveu por onde fora. Eran cen folios, e despois de cinco minutos, xa
gastara noventa e nove. Foi polo último, pero non lle valía, pois
tiña un gran cadrado branco no centro. Pousouno na mesa e palpou o
cadrado e... A súa man atravesara a mesa! Era incrible,con este
obxecto aparentemente inofensivo, podía atravesar a materia! Nese
intre, a cara do rapaz iluminouse. Sabía o que podía facer: gastar
bromas aos profes co seu ``papel máxico´´. Primeiro pegou o folio
á ventá, colleu unha botella de auga e baleirou o seu contido no
cadrado. Caeulle xusto na cabeza dunha profesora! Riuse coma unha
hiena, e a gargallada foi tal que se escoitou por todo o edificio,
pero por sorte para el, polo eco, non distinguiron a voz. Despois
dunha sucesión de bromas, pillárono inevitablemente. Na aula de
convivencia tivo tempo para pensar, pensar a a xogada mestra:
roubarlles as chaves das aulas aos mestres! Chamar a un cerralleiro
para que abra todas esas portas, custa diñeiro e tempo. Por unha
temporada non iría a clase.
Perfecto!
Todas
as chaves se gardaban nun armario pechado con chave. Pegou o papel na
porta e sacou todas a chaves que viu. Meteu a metade do seu corpo no
armario para ver se quedaban algunhas, pero por un descoido...
Meteuse dentro! O folio despegárase e quedou encerrado!
Óscar Barreiro Doldán, 1º B
Ningún comentario:
Publicar un comentario