Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións

1/31/2013

Sociolingüística

Seguimos con sociolingüística en 2º curso. Coñecemos xa  a situación das linguas de Europa, a lexislación que regula os dereitos lingüísticos dos falantes das linguas minoritaria e a lexislación estatal e autonómica con respecto ás diferentes linguas do Estado.  Agora ímonos centrar na situación do galego: os usos, a consideración social e o coñecemento.
Como material de apoio deixámosvos o seguinte material que vos permitirá repasar e fixar conceptos.



1/04/2012

A banda deseñada




Deixámosvos esta presentación sobre a banda deseñada que xa coñecedes nalgún grupo, deste xeito poderedes repasar. (Grazas a Susana Vedra, autora da mesma).

En Galicia temos boísimos autores de banda deseñada, algúns deles moi cerquiña de nós, coma Xosé Tomás, betanceiro, e que vén de publicar o seu último álbum, Nómades. Se picades aquí iredes á páxina oficial de Xosé Tomás.

                                                  


E, por suposto,  Miguel Anxo Prado, autor xa consagrado e premiado,  autor do filme De Profundis, do que vos deixamos un trailer a continuación. Se queredes saber máis deste autor picade aquí.