Amosando publicacións coa etiqueta sonetos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sonetos. Amosar todas as publicacións

4/16/2012

E AGHORA, COMPRACENDO A GHRAN A ENCHENTA DE PETICIÓNS ...





 
A GUARDIOLA (OU NON)


Que me meta me piden con Guardiola
Os ultras do merengue e de Mourinho.
Ides ver como son ben guiadiño,
E espero que estes versos traian cola.

 Como o que me pedides non me mola
Mellor verei de darvos nos fociños:
Ben certo que os que gostan de Mourinho
Non poden estar moi ben da cachola.

 Confío que isto sexa suficiente,
Que responda algún dos aludidos
Se dentro da cachola teñen mente.

 Se o voso orgullo branco está ferido,
Se tedes un cabreo ben doente
Mostrádeo aquí en versos ben medidos.

3/27/2012

Versionando poemas





Velaquí un exercicio máis que  propoñemos aos nosos estupendos siareiros/larpeiros: facer versións "actualizadas" dos poemas que máis nos gustan. Como mostra comezamos versionando o texto quizais  máis significativo, e moi actual no seu contido, da nosa literatura do Pre-Rexurdimento. ¡Que vos preste, xa estamos agardando os vosos!


A GALICIA                                                                                

Óu Galicia, Galicia boi de palla
Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro!
O aguillon que che menten è de aceiro
E con el muita forza te asoballa.

 No lombo teu zorrega, bate e malla
Fasta o máis monicreque ferrancheiro,
E calesquer podenco forasteiro
Te vafa, de vergonza sin migalla!

 Agarima alleeira eses ingratos
Ou vívoras que postas ò teu peito
Co ferrete che rompen mil buratos!

 Si o sangre teu refugas do teu leito,
Malas novas, madrasta de insensatos,
Dos fillos teus ò amor non tès dereito.

(Xoán Manuel Pintos, 1862)




A MOURINHO (A nosa versión)

Ou, Mourinho, Mourinho, quen te atalla
Se non che vale máis que ser primeiro!
Contaxias a soberbia ao siareiro,
Barullos e liortas sempre a esgalla.

No lombo teu quen bate se escaralla
Pois tes o coiro duro como o aceiro.
Ti reinas rodeado de floreiros:
Florentinos e Valdanos asoballas!

Esquece, ou Mourinho, eses ingratos
Que non valoran xa ben os teus feitos
E din que un tal Guardiola é máis sensato!

Ti sigue así, Mourinho, sempre ergueito,
Salieri de millonarios contratos,
Se fútbol non tes máis, bótalle peito.