A casa do bosque
Tódolos sábados ía á miña aldea. Estaba farta. Chegaba e quedaba aburrida,
todo o santo día metida na casa. Decidín que iso non podía seguir así. Fun dar
unha volta polos arredores. De súpeto cheguei ata unha casa cerca do bosque que non recordaba
vela alí nunca. Entroume a curiosidade e fun inspeccionala. Era unha casa vella
e estaba en ruínas, pero atraíame moito. Entrei. No recibidor só había unha
mesiña pequena e algo rota. Seguín camiñando polo corredor. Non había ningunha
outra habitación, cousa que me estrañaba xa que a casa parecía máis grande
dende fóra. Entón subín ata a planta de arriba. Estaba escuro, moi escuro.
Inspeccionei o lugar. Había vellos obxectos e cachifallos inútiles, que non
servían para nada. Vin unha luz moi tenue. Fun ata alí e encontreime cunha
persoa encollida, tirada no chan. Quixen saber quen era e chameina. Levantou a
cabeza e puiden ver que se trataba dunha persoa anciá, que tiña a cara chea de
cicatrices. Asusteime e saín correndo. Sen darme conta adentreime no bosque.
Estaba agotada e parei. Recapacitei e vin que me adentrara moito e que estaba
perdida. Fíxose de noite e eu seguía perdida nese bosque. Estaba soa no medio
da nada e iso empezaba a fastidiarme un pouco. Tiña frío e fame. Senteime no
chan e escoitei o ouveo dun lobo. Agora si que estaba perdida! Que faría eu se
me encontraba cos lobos? E se viñan a por min? Oín pasos, pero non eran pasos
de animais, eran pasos de persoas. Pensei na señora da casa e dispúxenme a saír
correndo cando caín nun burato e perdín o coñecemento. Cando espertei estaba atada
no medio do bosque. Tiña varias feridas, sobre todo unha gran brecha na cabeza.
Fixen unhas cantas manobras e conseguín desatarme, xa que non me ataran moi
ben. Púxenme en marcha e atopei un pequeno río. Lavei as feridas e seguín co
meu camiño. Estaba cansa e adormecín debaixo dunha árbore. Cando espertei o
primeiro que vin foi a señora da casa que me miraba. Mantiña unha boa distancia
con respecto a min. Levanteime e continuei camiñando, mais ela non me dixo
nada. Só se dedicou a seguirme. Esa señora poñíame os pelos de punta. Cando
comecei a divisar casas a anciá penetrou no bosque. Pareceume moi estraño, pero
a miña casa estaba xa moi cerca e quería chegar axiña. Cando aparecín polo meu
fogar contei todo o que me acontecera. Os meus pais e demais familia non
estaban moi convencidos do que lles contaba e decidiron ir ver se existía tal
casa e tal vella coa cara chea de feridas. Chegamos e non había nada. Desaparecera
todo. No lugar onde estaba construída a casa tan só había un muro. Nese muro escribiran
algo. Estaba escrito con sangue e poñía:
Irei por ti, xúrocho, vas morrer.
Andrea Buyo Míguez 1ºB Nº5
Que medo!!!!
ResponderEliminarO conto esta moi vn escrito pero e de medo o que seguramete a moitas persoas non lle guste.
ResponderEliminarAndrea Fraga Castro 1ºB Nº17
HOSHHHHHHHH!!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminargostame este libro .E a imaxe tamen
ResponderEliminarEsta moi ben edactado e me gustou moito a historia,sobre todo o final
ResponderEliminarGustoume moio a historia, sobre tod o final
ResponderEliminarLucas feijoo benasach 1ºB