5/21/2012

Ti, que estás nunha terra húmida de Maia López

Outro fermoso poema creado por Maia. Ela tamén buscou o seu propio molde para verquer nel palabras e sentimentos. Moi ben Maia, é moi bonito



Ti que estás nunha terra húmida

Ti que estás nunha terra húmida
es a flor que crece no teu pobo,
unha flor de primavera
que morre no outono.

Ti, co teu gris que entristece,
o teu alegre vermello,
un amor que non crece
un espírito no espello.

E ti, unha casa abandonada
que escondes segredos mortos,
unha bóla de dozura
tres ledas ventás e un soño.
Maia López 1ºC

14 comentarios:

  1. Carla Rivera Blanco 1ºC22 de maio de 2012, 16:48:00

    É un poema precioso e con moita rima. Para ser inventado quedouche moi ben, Maia. ¡¡ Noraboa !!

    ResponderEliminar
  2. Gabriele Dos Santos 1ºC22 de maio de 2012, 16:49:00

    O poema ficou moi bonito, encantoume moito, el ten un poco de tristeza, pero quedou precioso.

    ResponderEliminar
  3. Inés López Couceiro, 1ºC22 de maio de 2012, 16:52:00

    Gústame moito este poema de Maia e paréceme moi creativo e orixinal. Creo que lle que1dou moi bonito, parece dun autor profesional, parabéns Maia!

    ResponderEliminar
  4. Paréceme un poema moi bonito e inxenioso,parabéns.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. este poema é moi bonito.
      Martín Loureiro Cal 1ºA

      Eliminar
  5. Carmela Vázquez 1ºC22 de maio de 2012, 17:00:00

    Gustoume moito o teu poema seguro que adicacheslle moito esforzo, noraboa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Carmela, fíxate na colocación do pronome átono:"Seguro que lle adicaches..."

      Eliminar
  6. silvia soto lópez 1ºC22 de maio de 2012, 17:03:00

    Gústame moito este poema de Maia porque para facelo ela soa pareceme moi inxenioso pareces unha gran poeta, noraboa!

    ResponderEliminar
  7. Noraboa,Maia!
    Quedouche precioso.A min nunca se me ocorrera cousa tal.
    Moi ben!

    ResponderEliminar
  8. É un poema moi bonito, gustame moito e felicitoche por el. Parabéns.

    ResponderEliminar
  9. Parabéns Maia, encantoume o teu poema.

    ResponderEliminar
  10. Ten razón Inés, prece dun autor profenional, noraboa Maia!

    ResponderEliminar
  11. Isolda López Rivas 1ºD6 de xuño de 2012, 16:18:00

    Enoraboa Maia , quedouche prezioso!

    ResponderEliminar