5/12/2012

O poema preferido de Noelia

Negra sombra
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOSoVeEtCC3fQ344WuC0B-GDJiLhsoWTkSLYzK6UZqENkzdvKsH47ZYkZrq0tG3oeNI7v8qbIE2ARTN23-Q258a6ghMYaq2h3vDr1VnHhWiOalJBTW9QGCDxrfeEo4fNADplTvZt_0KvoI/s1600/caverna_platon.jpgCando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ída,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o murmurio do río,
i es a noite y es a aurora.

 En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro: Follas Novas.


A min este poema paréceme moi bonito e creo que podería ser o himno de Galicia do bonito que é. Para min é o mellor que escribiu Rosalía.
Noelia Valiño Vidal 1ºD


 Grazas, Noelia, encantounos que compartises este poema connosco. Unha gran elección, pois Negra sombra de Rosalía de Castro é O POEMA máis fermoso que se podía ter escrito. Como agaradecemento pola túa xenerosidade, larpeirandopalabras quere facerche un agasallo. Seguro que che gusta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario