Noite da miña tristura.
Entrou a noite na miña tristura,
tan sucia, tan estética e impura
coma un pesadelo contra a felicidade.
Hoxe a miña tristura está pálida,
choran os demos nos faiados das casas?
Eles foron os primeiros que pasaron
cos seus afiados dentes:
dous cachos de tristeza alongados
caían sobre un negro agresivo.
As cadeas durmidas
ollábanos tristes, estridentes.
Furacán furioso, escuro,
un desastre en masa.
A tristeza perdura cerca
coma se fose á morte.
O desastre atópanos.
Alumnas e alumnos de 1ºD.
E este é o poema que nos prestou Luís Pimentel, moito máis optimista, non cabe dúbida.
Mañá da miña rúa.
Entrou a mañá na miña rúa
tan limpa, tan redonda e pura
coma unha mazá sobre un espello.
Hoxe a miña rúa está aberta,
xogan os anxos nas cornixas das casas?
ela foi a primeira que pasou
cos seus ledos cadrís,
dous cachos de luz combados
abalaban sobre un negro tenro.
As xanelas espertas
ollábana caladas, ditosas.
Torbeliño brillante, veloz,
un neno en bicicleta.
A rúa remata lonxe
coma se fose ao mar.
O neno pérdese.
Luís Pimentel. Sombra do aire na herba.
!! Noraboa a todos os nenos e nenas de 1ºD !!
ResponderEliminarEncantoume facer este poema cos meus compañeiros e coa miña profesora de Lingua Galega.Grazas!
ResponderEliminarEncantoume facer o poema cos meus compañeros e compañeiras e coa miña profesora de Lingua Galega.
ResponderEliminarGrazas!
!! De nada !!
ResponderEliminar!! De nada !!
ResponderEliminarGústame moito! Esta moi ben escrito e é moi bonito, as miñas felcitacións!
ResponderEliminarSí , noraboa a todos os alumnos de 1ºD
ResponderEliminarMartín Loureiro Cal 1ºA
A nós nunca se nos ocorreria facer un poema.Foi uha boa idea. E un bo poema. A miña noraboa.
ResponderEliminarMARTÍN LOUREIRO CAL 1ºA Nº13