5/16/2012

LETRAS GALEGAS 2012: VALENTÍN PAZ ANDRADE

Un telexornal do alumnado do CPI dos Dices, en Rois. Desde aquí os nosos parabéns polo traballo e o resultado.




E un fermoso e sentido poema do noso autor, dedicado a Castelao, morto había cinco anos:


                                                             CANDO TI VOLVAS

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas polo mare;
cando ti volvas polo mare...

2 comentarios: