5/24/2012

"Digo Fragas do Eume" de Marta Rosende

Cando buscabamos temas para o noso poema colectivo versionando "Digo Vietnam" Marta propuxo denunciar a catástrofe ecolóxica ocorrida co incendio das Fragas do Eume. Ao final gañou o tema da crise, pero Marta seguiu coa súa idea. Esta é a  súa denuncia:




Digo axencias EFE
a penas digo nada.

Digo fraga e incendio
de lume ameazador.

Digo árbores de Galicia,
calor de tarde e bosque,
temor de extinción e tristeza.

Avións, helicópteros, brigadas,
axentes forestais, motobombas.

Digo incendio devastador,
velocidade de vertixe, lume, suor, devoramento.
Auxilio, falta de luz, contaminación
e escuro ceo na fraga.

Digo 700 hectáreas queimadas,
a penas digo nada.
Digo incendio inmenso,
devorador de hectáreas,
Digo temor, lume,
vento, revolución,
velocidade, sequía, inquietude, pobreza natural,
medo, parque natural.

Digo inconsciencia que causa desgrazas.
A penas digo nada.
Digo Fragas do Eume e xa está todo dito
cunha soa palabra.

Para denunciar a deforestación no mundo
digo Fragas do Eume e basta.
Marta Rosende 1ºD

3 comentarios:

  1. !! Quedóuche moi ben, Marta, parabéns !!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa , esta moi ben as miñas felicidades.
    MARTÍN LOUREIRO CAL 1ºA Nº13

    ResponderEliminar
  3. Alfonso Edreira Gomez 1ºD15 de xuño de 2012, 09:26:00

    Noraboa Marta por este poema que che quedou moi ben feito ,parabéns!!

    ResponderEliminar