Uns piratas collen a unha
xornalista para que escriba no seu periódico unha noticia sobre os
nazis. RosaRibeiro,tamén chamada Ganso Salvaxe,é unha xornalista de Atlas ,pobo mariñeiro,
que escribe no xornal Celtics News que fora fundado polo seu pai
,Fernando Ribeiro.Un día ao seu lugar de traballo chegaron uns piratas enviados
por Bala Perdida,a xente de Atlas falaba deste pirata coma se nunca
existira.Estes dixéronlle que fora con eles, pero non podían decirlle o
porqué.No barco pasáronlle moitas aventuras.
Un día Bala Perdida
levouna a unha furna situada en San Andrés de Teixido .
Alí descrubriu unha cripta con ouro pero non se podía tocar, porque estaba
maldito .Bala Perdida explicoulle que fora levado ata alí polo barco
Zaratrusta no ano 1945, porque as persoas que faleceran por causa dos
nazis lles queimaban os dentes e os ósos e tranformábanos neste
ouro.O pirata pediulle a Ganso Salvaxe que escribira unha noticia no
Celtic News ,pero que non desvelara todo o segredo e se alguén o lía e se
interesaba que fora ao seu estudo .Un día chegou a imprenta Walter
Benjamin un señor baixiño ,que proviña do Congreso Mundial,interesándose
pola noticia que Rosa escribiu. Ao día seguinte deu unha pista para que as
persoas do Congreso Mundial foran a San Andrés de Teixido e
colleran o ouro que lles pertencía por ser dos seus seres queridos. Ao longo da súa
estanza no Liberdade, barco dos piratas, Rosa namora dun pirata,
Rai.
Laura Amado 2ºA
Bala perdida e
os seus piratas necesitaban unha periodista para encontrar un tesouro, e
acudiron a Ganso Salvaxe, en realidada chamada Rosa, que traballaba no Celtic News.
Un día chegaron
a unha igrexa cunha cripta na que Ganso salvaxe atopou lingotes de
ouro, pero como eran nazis Bala Perdida prohibiulle collelos. Logo foi secuestrada.Ese home, Herr Doktor non lle daría comer ata que non lle
dixera onde estaba o ouro da maldición.
Rosa
estaba presa e vixiada por unha señora, a quen enganou dicindo que ía mandar unha receita co medicamento para a súa calvicie, e en
realidade mandou unha carta de socorro.
Bala perdida é un libro entretido e segue sempre a mesma historia, non cambia moito de tema.
Considero
unha boa elección escoller a Ganso Salvaxe para encontrar o tesouro, é
unha rapaza moi intelixente. O momento máis importante eu creo que
claramente é cando encontran o tesouro e ten que escribir o que pasou en
forma de conto, porque se non escribise o conto despois a historia non
tería sentido.
Este
libro paréceme incríble, non é só para nenos pequenos, tamén para
adultos e adolescentes ós que lles gusten as aventuras de piratas e con algo
de intriga
Pablo Ferrer Herrero 2ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario