É a historia dun
neno moi pobre e que é maltratado por algúns dos seus familiares,
chegando a crer que ten o demo dentro del. Grazas á súa
intelixencia e imaxinación é capaz de crear un mundo que lle
permite esquecer a realidade que vive. Chega a coñecer a verdadeira
amizade por un adulto, gozando de grandes momentos de felicidade,
abrindo unha xanela á esperanza.
Gustoume moito a
pesar de que é moi triste e dramático, xa que Zezé vive sensacións
e experiencias moi duras para a súa idade.
César Brandy
Goy 2ºA
Este libro
trata dun neno pobre que
fai travesuras. É moi listo e a súa historia é moi
entenrecedora. Ten sete irmáns: Gloria, unha irmá que se foi cara ó
norte na procura dunha vida mellor, Totoca, Jandira, Luís, Lalá e
Godoia. O seu pai nalgunha parte do relato queda sen emprego e
vólveo recuperar ao final e a súa nai traballa nos teares.Ten
un tío ( o tío Edmundo ) e unha avoa ( Dindiña ). Faise amigo dun
señor ó que chaman "O Portugués" e acaba chamandolle Portuga. Tamén se fai amigo dun señor que vende folletos e os
reparte cantando con el e dunha planta de laranxa lima coa que cre
que fala. Zeze ( O neno protagonista ) vive en Bangú, Río de
Xaneiro, e esta historia transcorre no ano 1920.
Este
libro gustoume moito porque demostra que a calquera idade, en
calquera caso, podemos conseguir o que nos propoñemos( Zézé
propúxose ler e acabou lendo, propuxose facer o morcego no coche
do portugués e conseguiuno). Este libro non o recomendo a nenos
Rubén Torregrosa 2º C
Ningún comentario:
Publicar un comentario