Dous rapaces envíanse mensaxes anónimas para contarse o que pensan dos seus compañeiros, da súa familia... pero o máis importante, para contarse o que senten un polo outro. Aquí empeza unha historia de amor onde a intriga é coñecer o nome da moza que conquistou o corazón de Michele.
Pareceume unha historia interesante, pola maneira en que está escrita, que te atrapa dende as primeiras liñas. É emocionante e, ao mesmo tempo, presenta un pouco de intriga porque queres coñecer o nome da rapaza e as últimas mensaxes anónimas.
O amor, a amizade, esa covardía de non querer que os nosos sentimentos saian fóra de nós... son cousas que nos acompañan ó longo da vida. Por estes motivos creo que o autor elixiu moi ben os temas do relato.
O libro mestura a dozura das palabras coa intriga de coñecer o que vai suceder no final. Pero, sobretodo relata unha historia de amor: mensaxes anónimas, algún que outro enfado... Adiviña quen son é unha magnífica obra para mozos, que mantén en toda a historia esa intriga que a fai única
Aínda que non lin o libro así por enriba,parece un bo libro. Pero tal e como o comentan penso que e un libro para rapaces da nosa idade, de máis ou menos 12 ou 13 anos. Pola portada parece un gran lbro, gustaríme moito lelo.
ResponderEliminarCarla Gómez Furelos 1ºA
Aún non o lin,pero parece que é moi bó libro.
ResponderEliminarINDHIRA A.M. 1ºA Nº2
Aínda que non o lin o seu resume pareceme moi interesante.
ResponderEliminarSofía 1ºA