APPANAH, Nathacha: O derradeiro irmán. París, 2009. Edicións XERAIS.
Rag ten dous irmáns, Aníl e Vinod. O
seu primeiro recordo xa lle marcou a vida. Sempre pensou que el era o
irmán máis débil, en cambio foi o que sobreviviu no campamento de
Mampou. O seu pai mandouno a el á escola. Un 26
de decembro de 1940 un barco o Atlantic atraca en Port-Louis (nova
casa de Rag). Trae 1.500 xudeus rexeitados de Palestina. Rag non
sabía o que pasaba en Europa. Un día escondéndose nas pólas das
árbores, viu un neno na prisión, David, un xudeu que foi rexeitado
a Palestina cos seus pais. Fíxose amigo del, sacouno do cárcere e
meteuno na súa casa. Rag decidiu escaparse, con David, de Port-louis e irse para
o campamento de Mampou. Alí encontraron traballo fácil, pero aos
poucos días os policías encontraron a David estiveron un tempo
escapando deles, e David quedou agotado. Estaban a tan só unha
hora e media da prisión, pero fixéronlles dar voltas a Beau-Bassin
tres días. David estaba morto e Rag con poliomelite. A David
enterrárono no cemiterio dos xudeus. Cando Rag xa é maior e se encontra con
xente que tivo polio míralles o pé con culpabilidade.
É un libro
difícil de ler polo seu rico vocabulario pero a parte que é a
historia que conta Rag en primeira persoa gústoume pola intriga e o
misterio. Para min é un pouco triste, polas mortes da Segunda Guerra
Mundial,os xudeus, etc... Eu recomendo este libro ás persoas ás que
lles guste a intríga, misterio, realismo e tristeza. Tamén o
recomendo ás persoas ás que lles gusten as memorias, porque este libro
ten dúas partes entrelazadas: a vida de Rag desde que era pequeno
(memorias) e a vida actual de Rag.
Xosé 2ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario