ALONSO,Fran O brillo dos elefantes. Vigo, 2006 Edicións Xerais.
Un neno vive nunha aldea de Nicaragua, coa súa nai e a avoa Mirta.
Alí hai unha guerra de militares contra labregos, isto fai que o neno
lle teña medo á noite, porque hai disparos e teme pola súa propia vida
ou pola dun ser querido.Un día, o seu mestre Taquín, ensínalle un poema
que fai que perda o medo á noite da súa aldea...
Este libro gustoume porque amosa o difícil que é a vida
nestes lugares nos que existe un conflito bélico.Recomendaríallo a
calquera persoa (a partir dos dez anos) que busque unha lectura
diferente ás demais.
Sara Antelo Vázquez 2ºA nº3
Ningún comentario:
Publicar un comentario