3/27/2012

Versionando poemas





Velaquí un exercicio máis que  propoñemos aos nosos estupendos siareiros/larpeiros: facer versións "actualizadas" dos poemas que máis nos gustan. Como mostra comezamos versionando o texto quizais  máis significativo, e moi actual no seu contido, da nosa literatura do Pre-Rexurdimento. ¡Que vos preste, xa estamos agardando os vosos!


A GALICIA                                                                                

Óu Galicia, Galicia boi de palla
Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro!
O aguillon que che menten è de aceiro
E con el muita forza te asoballa.

 No lombo teu zorrega, bate e malla
Fasta o máis monicreque ferrancheiro,
E calesquer podenco forasteiro
Te vafa, de vergonza sin migalla!

 Agarima alleeira eses ingratos
Ou vívoras que postas ò teu peito
Co ferrete che rompen mil buratos!

 Si o sangre teu refugas do teu leito,
Malas novas, madrasta de insensatos,
Dos fillos teus ò amor non tès dereito.

(Xoán Manuel Pintos, 1862)




A MOURINHO (A nosa versión)

Ou, Mourinho, Mourinho, quen te atalla
Se non che vale máis que ser primeiro!
Contaxias a soberbia ao siareiro,
Barullos e liortas sempre a esgalla.

No lombo teu quen bate se escaralla
Pois tes o coiro duro como o aceiro.
Ti reinas rodeado de floreiros:
Florentinos e Valdanos asoballas!

Esquece, ou Mourinho, eses ingratos
Que non valoran xa ben os teus feitos
E din que un tal Guardiola é máis sensato!

Ti sigue así, Mourinho, sempre ergueito,
Salieri de millonarios contratos,
Se fútbol non tes máis, bótalle peito.

16 comentarios:

  1. Pero que estupenda versión. Anoto a actividade.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu son do Madrid pero gustoume moito a entrada,para min Mourinho é o peor adestrador que a tivo o Madrid.O poema
      tamen gustoume moito enhoraboa eu quero que publiques uno de
      Guardiola.

      Eliminar
    2. Fíxate na colocación do pronome átono: "... tamén ME gustou moito, NORABOA..."

      Eliminar
  2. Daniel Fernández Pita 1ºD30 de mar. de 2012, 13:17:00

    Parecéme moi ben que fixeran unha versión contra o adestrador do Real Madrid. O profesor Óscar fixo unha moi boa versión do poema de Xoán Manuel Pintos. Ao mellor se Xoán Manuel estivera vivo pensaría que o profesor Óscar lle estaría faltando ao respecto porque están manipulando os seus escritos e iso para el non é bo.

    ResponderEliminar
  3. Noelia Valiño 1ºD30 de mar. de 2012, 13:22:00

    Eu pregúntome...por que a xente se mete tanto con Mourinho?

    ResponderEliminar
  4. María Sánchez Souto 1ºC30 de mar. de 2012, 13:48:00

    Gústame moito, é moi orixinal.

    ResponderEliminar
  5. Gabriele Dos Santos 1ºC30 de mar. de 2012, 13:49:00

    Gostoume moito, está moi ben feito.

    ResponderEliminar
  6. Gutoume moito, pero como son do Barcelona,o próximo de Guardiola.

    ResponderEliminar
  7. Quedouche moi ben, é orixinal e divertido.

    ResponderEliminar
  8. gustame moito porque esta moi ben traballado

    ResponderEliminar
  9. Francisco Porta Fernández30 de mar. de 2012, 14:04:00

    É unha pena que non estea Guardiola en vez de mourinho, por eso me resulto moi malo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. procura ser máis preciso na redacción "... por iso me resulta moi malo" non está ben expresado.

      Eliminar
    2. Son cousas distintas, Francisco. O poema será bo ou malo independentemente de quen che caia mellor ou peor a ti. Pero grazas polo comentario, e ¡anímate ti con Guardiola!

      Eliminar
  10. Moitas grazas a todos polos comentarios. Parece que atendendo a ghran enchenta de peticións, larpeirandopalabras vai ter que publicar un (ou varios) poemas dedicados a Guardiola. Ese é o reto que vos lanzamos desde aquí: tedes que facelos vós (a min Guardiola non me mola). Non teñen por que ser sonetos. Poden ser simplemente estrofas de catro versos octosílabos con rima nos pares. ¡Ánimo!

    ResponderEliminar