3/24/2012

Recreando contos

PEL DE ASNO






Éra unha vez un reino poderoso, no que vivía eu, a princesa. Sorprenderavos saber que nas mesmas cortes, vivía un asno moi especial que non desprendía excrementos senón que botaba moedas de ouro, grazas ás cales o meu pai era moi rico.
Era un reino feliz, pero un día sucedeu que a miña nai caeu enferma, e nin os médicos do lugar, nin os magos souberon dar co seu mal. Véndose morrer a miña nai chamou ao meu pai, o rei, e díxolle entristecida que lle prometera que cando ela morrese, el casaría cunha muller máis fermosa e discreta ca ela.
Meu pai xurou que o cumpriría, e ese mesmo día a miña nai morreu entre os seus brazos. Meu pai pasou varios meses trastornado, chorando, ata que un día creu oportuno buscar unha nova esposa que o consolase, pero non había muller comparable en todo o reino…excepto eu. Cando o meu pai se decatou da miña beleza e do meu doce carácter, deulle a loucura e quería casar comigo. Eu choraba pola miña desgraza e falei coa miña fada madriña. Esta apresurouse a aconsellarme que lle pedira ao meu pai dous traxes, da cor do tempo. Pero encargouse de que mos fixesen, e regaloumos. Entón a fada pensou que se negaría a darme a pel do seu querido asno máxico, pero el matouno e deume a pel. Eu como non quería casar con el, a noite antes da voda a fada díxome que fuxise vestida coa pel de asno para que non me recoñecese ninguén.Sobrevivín como puiden, mendigando de pobo en pobo, ata que nunha granxa aceptáronme para limpar os cortellos dos porcos a cambio dun alpendre e un pouco de comida. Quedei a vivir alí, traballando sen parar e soportando o desprezo de todos, que se burlaban da miña fealdade. Cada vez que tiña un anaco libre, encerrábame no alpendre onde durmía e sacaba as miñas xoias e vestidos, lavábame e poñíaos só polo pracer de contemplarme tal coma era.
Ao meu coidado tamén estaban tamén as aves de presa dun príncipe cazador que ía a miúdo a ver os seus falcóns e a repousar alí despois das cacerías. Un día que o príncipe roldaba pola granxa, detívose diante do alpendre e viume probando os meus vestidos, limpa e fermosa fronte ó espello. E cando preguntou quen vivía alí todos se riron del.Caeu enfermo da melancolía e deixou ata de sorrir. Un día pediu que eu lle fixese un pastel, e metín na masa o meu anel do dedo maimiño.Cando atopou o anel decidiu buscar a súa propietaria baixo promesa de convertela na súa esposa. Princesas, condesas, e persoas sen distinción social fixeron cola para probalo pero os seus dedos eran sempre demasiado grosos. Só quedaba eu e o meu dedo encaixou perfectamente no anel.
A nosa voda celebrouse uns días despois. Perdoei ao meu pai e fun feliz para sempre.

                                                Gala Illanes Illobre 1ºA nº11

1 comentario:

  1. Carmela Vázquez 1ºC30 de mar. de 2012, 13:50:00

    Gustoume moito o teu conto que por certo é unha idea xenial. Está moi ben feito.

    ResponderEliminar