Libro: Para cantar e contar.
Autores: Antonio García Teijeiro, Xoán Babarro González, Gloria Sánchez García e María Dolores Ruíz.
Edita: Xunta de Galicia.
Perdín un bico na sombra
Os meus beizos están trites.
A ver se alguén o atopou.
Xa falei coa roseira
Xa falei coa roseira
e díxome que non o viu;
tamén falei coas pombas
e nin viron para min.
E falei coas camelias
que vivían en abril;
miraron cara outro lado,
contando disculpas mil.
Perdín un bico na sombra.
E xa estou desesperado.
Era un bico silandeiro.
Era un bico namorado.
Antonio García Teijeiro
Escollín este poema porque o meu pai líamo de pequena cada día, polas noites, cando ía durmir. Como me trae tantos recordos e lino tantas veces, téñolle moito aprezo. En xeral gústame este libro pero a parte que máis me gusta é "Palabras", de Gloria Sánchez García.
Gala Illanes Illobre, 1º A
Gustoume moito porque deixa voar a imaxinación a moitos lugares diferentes
ResponderEliminar