3/08/2012

O galego fóra de Galicia

Xa sabemos que non coinciden as fronteiras administrativas e as fronteiras lingüísticas. O galego é un claro exemplo, pois non só se fala en Galicia (cada vez menos, eh!!) senón tamén nalgunhas zonas de Asturias, León, Zamora e no val do río Ellas, en Cáceres, onde recibe os nomes de valverdeiro, lagarteiro e mañegu. As primeiras zonas coinciden co territorio romano da Gallaecia, pero, como se explica a presenza do galego tan abaixo? Parece ser que as falas  desta zona son variedades do galego medieval levadas por colonos galegos no século XIII. E aí está!!!
Nos seguintes vídeos podedes escoitar vós mesmos a falantes de galego fóra do territorio de Galicia, malia as diferenzas non hai dúbida de que se trata de galego.

Neste primeiro vídeo recóllense falantes de Ibias, pobo asturiano que linda con Galicia. Teñen as características dialectais do galego oriental.


Neste segundo vídeo podemos escoitar aos habitantes do val de Ellas falando a nosa lingua (que, por suposto, tamén é a súa). Hai lingüistas que opinan que está máis vivo no val do río Ellas que na propia Galicia.

5 comentarios:

  1. Rebeca Marcote 1ºD30 de mar. de 2012, 13:12:00

    Está moi ben que haxa diferentes xeitos de falar galego na peninsula e tan parecidos,gustame moito

    ResponderEliminar
  2. Paréceme moi triste que a eses homes e mulleres que falan o galego fóra de Galicia os chamen galegos e non lles recoñezan a súa lingua, nin que a ensinen nas escolas.
    O trailer de Entre linguas paréceme moi interesante, que as fronteiras políticas non coincidan coas barreiras de linguas demostra que o ser humano non só se rexe polos límites dos países

    ResponderEliminar
  3. O Galego e unha lngua moi bonita que estase perdendo porque as xeracións novas non falan a lingua
    porque gua propianon se senten orgullosos dela. Tiñamos que estar agradecidos de poder ter unaha lingua propia.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É leva til, lembras? e fíxate na colocación do pronome átono: "...que SE está perdendo"

      Eliminar