Escoitouse un estrondo. Aparece o cadáver do señor Yokoshima. Todos berran, ata que alguén decide poñerlle fin aos berros. Todos se intentan tranquilizar, pero resulta case imposible ante a noticia de que hai un morto. O inspector Nagasaki coméntalle ao seu amigo Hiroshi:
-Sei quen é o asasino, pero non sei nin como o fixo nin por que o fixo. O asasino é o Dr. Takahashi, pero necesito unha proba, unha soa proba para poder metelo entre reixas.
O inspector Nagasaki observa como o Dr. Takahashi deixa disimuladamente unha pistola enriba dunha mesa na que ninguén repara. Ao cabo dun anaco, Nagasaki colle a pistola e decátase de que as balas coinciden coas atopadas no corpo do señor Yokoshima.
Pero esa pista non lle servía, xa que calquera podería ter unha pistola así.
Hiroshi, o amigo do inspector, sabía por que este lle tiña tantas ganas ó doutor. Porque o Dr. Takahashi lle quitara o gran amor da súa vida, a hermosísima Misae. Hiroshi tamén repelía ó doutor, porque el tamén estaba namorado de Misae, pero era practicamente imposible a misión de casar con ela, xa que nos vinte anos que levaban sendo amigos nunca se lle declarara e agora era moi tarde porque ela estaba casada co Dr. Takahashi. El só quería que a súa amada fose feliz, aínda que fose con outro home.
¿Que tiña que facer, axudar ao seu amigo o inspector ou protexer ó marido de Misae para que esta fose feliz?
¿ A amizade ou o amor? “Un dilema moi grande para un ser humano” pensou.
Martín Gómez, 1º A
Está xenial, e por certo, quen che dixo os nomes xaponeses?
ResponderEliminarSon reais?
Xa me contestarás, e, eu polo final, chamaríalle
filosofía para asasinos. Quedaría ben,creo.