ElVIRA LINDO,Manolito Catrollos. editorial Alfaguara. 4º edición.
Este libro vai dun neno chamado Manolito, que vive co seu irmán,a súa nai,o seu pai e o seu avó.
Manolito vive moitas aventuras: un día pelexou cun amigo seu chamado Yihad.Tamén foi a unha psicóloga que acabou botando a Manolito da súa consulta.Outro día foi mozo dunha nena chamada Susana.Un día pintou cuns rotuladores todo o edificio no que vivía...
Ata que un día chegou a súa clase e a mestre díxolles que ían ir a un concurso de disfraces representando a paz mundial.Pero cando chegou ese día estaban todos nerviosos, e non lles saíu ben pero...todo a partir dese momento ía cambiar por completo.Sobre todo porque xa faltaba pouco pra que empezara o verán.
É un libro moi entretido porque mentres que o les,estaste sentindo na pel doutra familia e noutro pobo...Vives moitos momentos pero os que máis che quedan son os que lle suceden aos personaxes.Tamén é un libro moi gracioso porque Manolito fai cada trastada... Recoméndollo a todos aqueles que queiran pasar un bo tempo rindo e divertíndose coas aventuras de Manolito.
Antía Vázquez 1ºC
Ningún comentario:
Publicar un comentario