Vós tamén tedes cousas que contar, e sabedes facelo. ¡Sodes bos, rapazas e rapaces, non o dubidedes! Velaí vai senón a primeira mostra da que agardamos sexa unha sección importante do noso blog. Noraboa a María polo relato e grazas por animarse a compartilo.
A escola no futuro
Vouvos contar como os nenos traballan na escola no futuro.
As tecnoloxías son moi avanzadas, as portas ábrense soas, os libros son como iPads...
Cando visitei o futuro pareceume un sitio xenial, cheo de tecnoloxías, por
min eu quedaba a vivir alí! Pero máis tarde deime de conta de que non
todo era tan xenial...
Os profesores foran substituídos por robots xa que poñían poucos deberes, aínda que os robots poidan parecer “guais” era todo o contrario, mandaban facer máis tarefas. Tiñan ós nenos ata vinte horas seguidas traballando, mentres tanto os profesores foron trasladados ós museos como axudantes de atención ao público.
Cando os nenos saían da escola só tiñan catro horas para estar na casa. Case nin contaban con tempo para durmir.
Decidín que tiña que facer algo. Armeime de valor e intentei destruír os robots coa axuda dun exército do presente, todos nós enfrontámonos contra os gobernos e o final conseguimos cambiar o futuro. Todo volveu a ser normal sen rarezas ningunhas.
Non sei como andará o futuro agora, pero, dende logo, non penso volver!
María Peteiro Castro (1º A)
Paréceme que está moi ben redatado.Noraboa, María!
ResponderEliminarA ver se un día destos atrévome a enviar o meu relato.
Moitas grazas polos teus comentarios, Sara, o comentario é o alimento de que se nutren os blogs. Agora só che queda corrixir algúns pequenos erros lingüísticos. E vai para todas e todos: ¿alguén pode axudarlle?
EliminarAh, e Sara, por favor, envíanos o teu relato pero xa!
Gustoume moito porque deixa voar a imaxinacion
ResponderEliminarSí, está moi ben María.Noraboa.Tes moita imaxinación para escribir ese conto.O de o ipad moi gracioso!
ResponderEliminar