Alba e Dídac son dous nenos que sobreviven a unha catástrofe mundial causada pola chegada de extraterrestres á terra. Pouco a pouco irán descubrindo a realidade, dun xeito case automático, e realizarán un gran esforzo para seguir adiante.
O libro é como un manual que nos indica o que deberiamos facer, o que nos podería ocorrer ou cousas imprescindibles que deberiamos recoller se houbese unha ameaza extraterrestre. moitos libros ou películas narran acontecementos semellantes, pero ningún o fai con tanta claridade coma este. Creo que este libro marca un modelo a seguir e recomendaríao moitas veces.
José Manuel Vázquez 1º C
Os libros de ciencia-ficciòn gùstanme moito porque ao lelos mantense sempre intriga do que vai pasar despois. Neste tipo de libros a aventura, o misterio... son moi importantes.
ResponderEliminar