O CRIME PERFECTO
Recordo ese día coma se fose onte. Un
domingo de hai cinco anos. O vinte e cinco de agosto de dous mil doce. Fora ata
a ribeira do río Mandeo para ver os fogos artificiais e os bonitos barcos que
regresaban da festa. Aínda non había moitos xa que eran as sete, cedo.
O
día estaba a transcorrer con normalidade
ata que, de súpeto , divisouse algo ría
abaixo, flotando entre os barcos. A xente comezou a gritar e a asustarse.
Era
o que os meus ollos vían: un cadáver. A min, que son a mellor detective de todo
Betanzos asignáronme este caso. O meu equipo sacoulle fotos ao cadáver,
recolleu posibles probas e levouno ao laboratorio forense. Como antes dixen,
son a mellor detective e polo tanto podería resolver este complicado caso.
Podíase ver que se trataba do cadáver dun mozo. Identificámolo. Chamábase
Xacobe Lata Mahía, era novo: dezanove anos. Interrogamos as persoas que
estiveran con el ese mesmo día. Vírano por última vez contra as catro da tarde
no campo dos Caneiros. Afastárase do grupo e non volvera.
Na súa roupa encontramos pegadas de mans humanas.
As mans dun dos seus amigos: Rodrigo Casal Fernández, que misteriosamente tamén
desaparecera seguindo a Xacobe. Só que el volvera logo de media hora. Estaba eu
interrogándoo cando o meu equipo me deu unha mala noticia: as probas do crime
desapareceran! Fomos ata a casa de Rodrigo. Entramos na súa habitación e vimos tódalas probas
escondidas debaixo da cama. Non rompín máis a cabeza. Arrestámolo por
homicidio. El dicía que era inocente pero nós non o cremos. Tiña que pasar dez
anos no cárcere. Pero só pasou cinco, morreu. Faleceu debido a unha grave
enfermidade. Todo Betanzos volveu á normalidade.
O que ninguén soubo foi por que Rodrigo matou
Xacobe e como puido facer para baixar na barca e soltar o cadáver ao río. Tampouco
descifraron como fixo para levar as probas á súa casa se estaba retido na
comisaría. Eu si que o sei. Rodrigo era inocente.
O cadáver estaba
enganchado no río cunha cordiña moi, moi fina. Ese día había moita corrente e a
cordiña rompeu. Que como o sei? Fácil. Porque Rodrigo non matou a Jacobo, as
probas púxenas eu na súa habitación e as súas pegadas o mesmo.
Rodrigo non era o culpable do asasinato.
Andrea Buyo Míguez, 1ºB
Son a autora deste conto e espero que vos guste e todos un mntón xa que me esforcei moito para escribilo e penso que me quedou bsante bonito interesante.
ResponderEliminar