1/10/2012

Para larpeirármolo xa

  

Un libro que contaxia emoción e paixón pola literatura

Velaquí un libro que fala dun misterio: o que xunguiu o escritor Franz Kafka cunha nena que perdera a súa boneca. Para consolala, o grande escritor foille contando, a través de cartas, o periplo polo mundo da boneca perdida.
Con este enlace ides ao interesante blog da ilustradora do libro, Minia Regos, onde podedes ver algúns estudos e bosquexos descartados na edición definitiva do libro (mágoa que non entrasen todos).
Picando no nome, Jordi Sierra i Fabra, ides á páxina da editorial Galaxia onde tedes información sobre o autor e outras obras súas en galego.

Agardamos os vosos comentarios.

5 comentarios:

  1. Eu lin este libro e pareceume un gran libro, como todos os que falan de sentimentos, na miña opinión.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O libro de Kafka e a boneca viaxeira parecíame moi aburrido ao principio, pero a medida que o vas lendo vaste dando conta do bonito que é e dos sentimento de Kafka hacia Elsi, non é de aventuras nin de acción como outros querían que fose, pero é un libro moi fácil de comprender.
      Para min foi o que máis me gustou ata agora, e espero volver a ler outro moi similar a este.

      Eliminar
    2. Moi ben, Carla, pero lembra, en galego a preposición é CARA non HACIA. Temos que preocuparnos pola corrección lingüística.

      Eliminar
  2. O libro de Kakfa e moi interesante polo que esteu lendo . Ainda non o acabei pero ata agora pareceume un libro interesante e un pouco misterioso.Gustame moito o papel de Franz Kafka porque axuda a unha nena con necesita.

    ResponderEliminar
  3. Alfonso, repasa o escrito antes de publicalo: repites "interesante" e debes fixarte nos tiles:é, aínda, gústame.
    Ao final supoño que queres dicir "que o necesita".
    Si que é certo que o personaxe de Kafka é moi atractivo, especialmente pola súa bondade e a capacidade de introducirse no mundo da fantasía de Elsi.

    ResponderEliminar