1/16/2012

Os Megatoxos e a espada esmeralda de Anxo Fariña

  

FARIÑA, Anxo. Os Megatoxos e a Espada Esmeralda.       
Editorial A Nosa Terra. Nºed. 26. Vigo 2008
                          
    Nesta nova aventura os Megatoxos deberán ir na procura dunha   solución para a súa mutación xenética. Viaxarán desta vez ao  medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que  nada é o que parece.                                   
   Os Megatoxos e a Espada Esmeralda é un libro  no que non sabes o que podes encontrar. Ao principo non me gustaba moito, pero  cando xa tiña lido varios capítulos comezou a gustarme moitísimo máis.  Este libro espertoume a imaxinación nalgúns capitulos, porque non sabía o que  podía aparecer na seguinte páxina.
  Os libros de ficción e de aventuras son os que máis me gustan  e creo que este libro recolle as dúas características(ficción e     aventura).
 Recomendaríallo aos lectores aos que, coma a min,   lles guste a ficción e as aventuras.
                                                         Daniel Fernandez Pita 1ºD Nº5

Ningún comentario:

Publicar un comentario