1/24/2012

Palabras para larpeirar

Velaí van algunhas das nosas palabras favoritas

Si: Adverbio de afirmación. Gústame esta palabra porque moitas veces demostra que non estou equivocada.
Andrea Sánchez, 1ºD.

Rula: Expresión de cariño aplicada a unha muller ou meniña á que se quere. Gústame esta palabra porque cando era pequena ía á casa do meu avó e cando entraba pola porta sempre me dicía: "Aí chega a miña rula". Eu non sabía o que significaba, pero cando aprendín a usar o dicionario foi a primeira palabra que busquei e deime conta de que era un termo de cariño cara min.
Gema Mourelo 1ºD.

Cisca: neve moi miúda. Gústame esta palabra porque me encanta esquiar e de pequena tiña un can que se chamaba así.
Isabel López, 1ºC.

Son: Sensación acústica producida polo movemento vibratorio dos corpos. Gústame esta palabra polo seu sinificado, porque me gusta moito a música.
L. Manuela Ortiz. 1ºC

Bolboreta: Insecto voador cunha ás que poden ter cores vistosa. É unha das miñas palabras favoritas, aínda que non a diga moito, e paréceme única (todas as palabras o son). A primeira vez que a escoitei, aínda que non sabía o seu significado, pareceume moi alegre.
Carmela Vázquez. 1ºC.

Ledicia: Sentimento de pracer por algún feito, alegría. Esta palabra gústame polo seu significado, ao dicila penso en felicidade.
Maia López 1º C.

Margarida: planta composta composta de pétalos brancos ligados a un centro amarelo. A margarida é a miña flor favorita.
Carla Rivera 1ºC.

Bicos: Acto e efecto de bicarse. Gústame moito esta palabra porque soa igual que o meu apelido e moita xente relaciónaos.
Sara Vicos. 1ºC.

Xeito: Forma, modo, habilidade, disposición de traballo, maña, forma idónea de facer algo; traza, aspecto por fóra, que o diferencia doutras persoas; atención, coidado;  sentido, dirección; oportuno; modo de, aínda así, cadrar ben; mal xeito: non ter arte, de calquera maneira, non ter razón nin lóxica...
Gústame polo seu múltiple significado.
José Manuel Vázquez 1ºC.


2 comentarios:

  1. O de Andrea gústame moito porque che aporta confianza.Pouca xente sabe o singnificado "si"e ela souboo expresar moi ben

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo con Gema no sentido de que "rula" é unha palabra moi bonita

    ResponderEliminar