Cando buscabamos temas para o noso poema colectivo versionando "Digo Vietnam" Marta propuxo denunciar a catástrofe ecolóxica ocorrida co incendio das Fragas do Eume. Ao final gañou o tema da crise, pero Marta seguiu coa súa idea. Esta é a súa denuncia:
a penas digo nada.
Digo fraga e incendio
de lume ameazador.
Digo árbores de Galicia,
calor de tarde e bosque,
temor de extinción e tristeza.
Avións, helicópteros, brigadas,
axentes forestais, motobombas.
Digo incendio devastador,
velocidade de vertixe, lume, suor, devoramento.
Auxilio, falta de luz, contaminación
e escuro ceo na fraga.
Digo 700 hectáreas queimadas,
a penas digo nada.
Digo incendio inmenso,
devorador de hectáreas,
Digo temor, lume,
vento, revolución,
velocidade, sequía, inquietude, pobreza natural,
medo, parque natural.
Digo inconsciencia que causa desgrazas.
A penas digo nada.
Digo Fragas do Eume e xa está todo dito
cunha soa palabra.
Para denunciar a deforestación no mundo
digo Fragas do Eume e basta.
Marta Rosende 1ºD