A CASA DAS
DESAPARICIÓNS
Recordo aquel verán cando nos mudamos á casa nova. Era enorme.
Perdíame polos corredores. Tiña oito dormitorios, seis baños, dúas cociñas, un
salón enorme e unha biblioteca. Os antigos propietarios deixaran todo, parece
ser que desapareceran sen trazo. Os herdeiros vivían noutro país e decidiron
vender a casa.
Unha mañá asollada decidín ir ata o xardín a dar un paseo. Era
precioso e o cheiro que desprendían todas as clases de plantas que tiña
encantábame, aínda que estaba un pouco descoidado. Tardei en chegar ata o
fondo, alí había terra movida, pensei que serían cans ou outros animais que
escarvarían por alí. Achegueime máis e notei que había uns ósos que sobresaían
da terra. Non lle dei moita importancia.
Entroume a sede e decidín volver á casa para coller un
refresco. Ao intentar abrir a porta, estaba pechada. Non entendín como podía
ser se non a pechara. Timbrei ata cansarme pero a miña nai non me abriu. Entrei
por unha fiestra que quedara aberta. Fun en busca da miña nai pero non a
atopaba. En cambio o coche estaba no garaxe. Onde podía estar? De súpeto acendeuse
a televisión, logo cambiábase soa. Que estaba a pasar? Fun ata a cociña a
buscar o refresco e empezaron a traballar os electrodomésticos, a lavadora
empezou a dar voltas, o forno acendeuse, a cafeteira empezou a botar café e a
batidora empezou a saltar como unha tola.
Saín como un foguete co medo que tiña. Esperei un momento ata
que collín forzas e volvín a entrar. Busquei o meu móbil e chamei ao meu pai ao
traballo. Díxome que estivese tranquilo que era unha casa antiga e que igual
era un tema eléctrico. Mandoume esperar á miña nai que igual saíra a dar un
paseo.
Quedeime máis tranquilo e fun correndo ao meu dormitorio. Senteime
á beira da fiestra e esperei…..e esperei. Pasaron as catro, as cinco, as seis e
as sete e nada. De súpeto escoitei a porta abrir. Chamei pola miña nai e fun
correndo pero non había ninguén. A porta pechou de golpe. Sería o vento? Entroume
o medo de novo. Fun correndo ata o cuarto de baño que me quedaba máis cerca e
encerreime. Mirei ao espello e había unha mensaxe: Axúdanos, queremos xustiza. Os nosos restos están no xardín. Isto
non podía ir en serio. Entón os osos eran de humanos, debían ser dos anteriores
propietarios que desapareceran.
Eu non era ningún Sherlock Holmes e non sabía por onde empezar
para resolver isto. Tiña que haber un asasino e a miña nai faltaba. Esperaba
que non fose demasiado tarde para rescatala. Decidín ir por toda a casa en
busca dalgunha pista.
Empecei no ático pero non atopei nada. Cando cheguei á porta
que ía ao soto, o meu corazón empezou a latexar máis rápido. Nunca baixara e
non sabía que ía atopar. Baixei as escaleiras de madeira silenciosamente, había
caixas por todas partes. Non me parecía demasiado grande para o tamaño que tiña
a casa. Decidín mirar por detrás das caixas que estaban apiladas contra as
paredes por se houbese algunha porta. Atopei unha pequena, pero estaba pechada.
Non tiña a chave e non sabía dela, quixen tirala abaixo pero tiña pouca forza.
Pareceume ver un martelo tirado no chan cando apartara as
caixas e busqueino. Pegueille á porta con el e conseguín abrila. Non o podía
crer, a miña nai! Estaba atada a unha columna e coa boca tapada. Destapeilla
para que puidese falar. Canto se alegrou
de verme e eu a ela! Contoume que os que nos venderan a casa non estaban no
estranxeiro como se pensaba. Desfixéranse dos anteriores propietarios para
quedarse coa súa fortuna. O problema é que a única fortuna que tiñan era a casa,
non lles quedara diñeiro, así que fabricaron un plan para vender a casa e
quedarse co diñeiro, logo, desfacerse dos novos propietarios para facerse coa
casa de novo. Os novos propietarios….nós!
A miña nai apuroume porque ían volver máis tarde os asasinos
cando chegara o meu pai do traballo para
rematar o seu plan. Chamamos á policía e ao meu pai para avisalo. Puxémoslles
unha trampa. Os policías escondéronse no soto e meu pai así que chegou, mais eu
escondémonos nun cuarto vixiando pola fiestra a que chegasen os asasinos. Así
foi como os atrapamos! Aquela noite cando fun ao baño vin unha mensaxe nova no
espello: Grazas, despedímonos para
sempre!
Ningún comentario:
Publicar un comentario