Cando estivemos traballando a publicidade en 2º curso case non puidemos ver anuncios comerciais en galego, só atopabamos publicidade institucional. A conclusión foi fácil: o galego non vende, e diso tamén puidemos falar.
Gadis vén de sacar esta campaña, variante da súa xa famosa "Vivamos como galegos", na que os nenos ocupan o lugar que nas anteriores tiñan os adultos e cun cambio no eslogan:"Sairemos como galegos".
Participade cos vosos comentarios opinando sobre este anuncio e reflexionando sobre a súa finalidade: saír de que?, por que nenos remedando situacións que xa coñeciamos de campañas anteriores? Veña, adiante.

Nesta campaña os nenos danlleespecial importancia a situación actual do país ,aportando iniciativas para sairen da crise,e colaborando así cos seus pais.Os nenos non están tan alleos a situación actual,posto que dalgunha maneira vense implicados con isto.
ResponderEliminar