A fraseoloxía dunha lingua é unha fonte de coñecemento moi importante, tanto polo seu valor lingüístico ( capacidade de síntese, connotación e suxestión, recursos expresivos...) como pola sabedoría popular que encerra.
Nesta canción, Sés móstranos un amplo exemplo de refráns, frases feitas, expresións... Escoitemos atentamente e tentemos identificalos e, de seguido, interpretar o seu significado (ollo, diferénciaos dos tópicos e lugares comúns que tamén aparecen no texto).
No enlace irás a unha entrevista que lle realizaron en Pontevedraviva.com que che permitirá coñecer un pouco mellor esta artista. Nela fai declaracións tan interesantes como:
"Fago música en galego, porque son galega e estou lonxe de avergonzarme de selo"
ou
"O galego lonxe de ser un hándicap na miña carreira, é todo o contrario. É o que me impulsou e o que me mantén"
"Eu sempre lle digo a todo o mundo que son muller e galega, que non teño a culpa. Simplemente tiven sorte"
ACTIVIDADES:
- Actividades de léxico:
- Identifica no texto as frases feitas e refráns. Indica o seu significado.
- Fai unha listaxe diferente cos tópicos ou lugares comúns que tamén aparecen expresados na canción.
- Actividades de comprensión.Le a entrevista que lle fixeron a Sés no xornal Pontevedraviva.com e responde as seguintes preguntas:
- Cando comezou o éxito de Sés?
- Que tipo de música fai?
- Que opina do feito de empregar o galego para a súa música.
- Que plans declara ter con respecto á música?
- Actividades de investigación:
- Quen é Santiago Auserón. Dinos unha canción del que coñezas. Tradúcea ao galego.
- Busca información sobre “Cantos na Maré”.
- Busca información sobre Sés na Galipedia e fai un resumo da súa biografía e da súa traxectoria artística.
E para que a tarefa vos resulte máis fácil, aquí tedes a letra.
Parece
que isto está moi morto
que
non habita en min ninguén
que
me mirou de lado un torto
que
superei os límites
que
mañá non o hei ver distinto
nin
direi outra vez será
que
nin che importa nin che minto
e
se me mintes éme igual.
Unha
vez quixen sen motivos
Sen
a menor das condicións
Coa
independencia dos esquivos
e
a lealdade das lexións
supediteime
e soltei lastre
e
vinme a cen metros de min
e
superei aquel desastre
pero
ante todo comprendín.
Que
eu nin podo nin quero nin debo
volverme
fiar
Da
cultura da media verdade, da estafa
legal.
Que
eu xa corto e deserto e me aparto de
toda
moral
que
aprendín moito máis cuestionando o
saber
popular.
E
xa virán tempos mellores
Que
non choviu sen escampar
E
só tes risas se tes dores
|
E non hai loita que librar
Que sempre houbo ricos e pobres
E as pulgas a can fraco van
Que a moito ruído, poucas noces
E
hai que gardar sempre das risas
Que
non se mama sen chorar
Que
non se pode estar na misa
E
ir para fóra repicar
Que
o tolo vai onde van todos
Vicente
vai no pack tamén
E
sempre andamos un por outro
E
a puta casa sen varrer.
Que as nenas xogan con bonecas
E
os rapaciños con balón
E
a min sacábamas da caixa
O
meu veciño Juan Ramón
Que
o ateísmo é satanismo
Porque
algo máis terá que haber
E
viva o individualismo
e
o santo cu de cada quen.
Que
os homes son coma o bo viño
Que
sempre tende a ir a mellor
E
eu coñezo algún pobriño
Que
xa onde vai que se picou.
E
que se os extremos son malos
E
as medias tintas son xeniais
E
eu co xenio destrozado
E
eles a destrozarmo máis.
|
Moi boas larpaerios/as de palabras,
ResponderEliminarBuscando unha das frases feitas deste tema de Sés din coa entrada e con este blogue. Pois resulta que eu estou traballando o xénero xornalístico da entrevista e empreguei unha outra entrevista que lle fixeron á artista (http://galiciamodoon.wordpress.com/2013/11/12/galicia-modo-on-ses-galega-e-co-xenio-destrozado/) e completei a ficha que lles entreguei co mesmo tema, "Co xenio destrozado", pola súa riqueza fraseolóxica. Aquí vexo como o traballastes, así que "roubo" parte do voso traballo. Feliz coincidencia da rede grazas a esta artistaza ;-) Saúdos.