1/25/2012

Unha bolsa de canicas de Joseph Joffo

 Título: Unha bolsa de canicas.
Auntor: Joseph Joffo
Editorial: Edicións do cumio.
Edición e lugar de edición: 5ª, Vigo.
   Joseph e Maurice son dous irmáns xudeus que viven no barrio Clignancout, Francia, no ano 1940, xusto antes da Segunda Guerra Mundial. Os dous nenos terán que emprender unha viaxe chea de aventuras, escapándo dos nazis, buscándose a vida por toda Francia, atopando os seus irmáns e irmás maiores e fuxindo da sociedade. Resumindo, perdendo a súa infancia, case sen decatarse.
   Animo a todo o mundo a ler este libro pois faiche recapacitar sobre a sorte que temos de vivir neste tempo, sen fuxir das guerras nin pasar fame. Ó principio pareceume un pouco aburrido pero a medida que pasan as aventuras destes dous nenos, gustoume moito máis.
Inés López Couceiro 1º C.

Ningún comentario:

Publicar un comentario