1/16/2012

Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl


    DAHL , Roald: Charlie e a fábrica de chocolate. Ed. Xerais , 1ª edición , Vigo 2005.

    O señor Willy  Wonka é o mellor  no  seu  traballo : fabricar  lambonadas tales coma  xeados  que     non  se  derreten, chicles  que  non  perden  o  seu  sabor ...                                       
    Un  día agachou  cinco  billetes  dourados  nas  súas  chocolatinas, e  quen  as  encontrase  podería  visitar  a  súa  fábrica . 
    Charlie  Bucket  é  un  neno  de  pais  moi  pobres  que  vive  nunha  cabana  xunto  con seis  persoas  máis . Charlie  vai  ter  a  sorte  de  encontrar  un . Esa  visita  á  fábrica mudará  a     súa  vida  por  completo .                                 

    Este  libro  gustoume  moito  dende  o  principio , porque  os  personaxes  e  a  historia  é  moi      orixinal . Tamén me gusta   porque  Charlie , que  era  pobre  e  vivía  en  malas  condicións,  puido  cumprir  o  seu  soño .
    Recomendo  este  libro  a  persoas  de  calquera  idade  porque  ninguén é  demasiado  maior para  lelo .
Maia Alejandra López Méndez 1ºC

   Moi recomendable a versión cinematográfica dirixida por Tim Burton, no ano 2005, e protagonizada por  Johnny Depp (que interpreta a Willy Wonka). Foi filmada en Yorkshire, Reino Unido e é a segunda adaptación da novela. A primeira filmouse no ano 1971 e aquí levou o título  Un mundo de fantasía.
   E falando de fantasía, quizais, algún día, nós tamén poidamos ir ao cine na nosa lingua. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario