Deixando as ironías de lado, non nos queda outra que recoñecer que o que esta nena ten é un tesouro: pode falar seis linguas con só seis anos!!!
Aínda que non vive en Galiza, conserva a lingua, transmitida pola súa nai; a través dela chega con facilidade ao castelán e ao portugués. Fala perfectamente francés, a lingua do seu contorno, e seguramente o coñecemento desta lingua lle foi facilitado polo coñecemento das linguas anteriores, tamén romances. E, xa posuíndo catro linguas, a súa mente está preparada para adquirir dúas máis, esta vez dunha familia diferente: a xermánica, e aprende inglés e neerlandés.

Que sorte ten Xulia!!! Sobre todo por ter unha nai que lle deu a posibilidade de adquirir toda esta riqueza ao non privala da súa lingua materna.
Xulia debería de facernos reflexionar un pouco, por que nós non queremos ser tan ricos coma ela? Por que nos privan de ser donos de tan grande tesouro? Pensade e preguntade para atopar a resposta.
É moi impresionante como de seis anos pode falar tantas linguas sen trabucarse nada.
ResponderEliminarEsa nena é moi afortunada por ter máis dunha lingua coa que falar e así poder coñecer máis, porque as linguas permiten coñecer o mundo
ResponderEliminar