1/13/2012

Memorias dun neno labrego

NEIRA VILAS, X.: Memorias dun neno labrego
Ed. Do Castro
Buenos Aires , 1961,14ª Edición

         Este libro conta a historia dun neno que viviu nunha aldea calquera de Galicia hai xa varias décadas. Conta o autor as dificultades polas que pasaban os nenos labregos naquela época cunhas marcadas desigualdades sociais. Balbino, o protagonista,  ten que marchar da súa casa por culpa dun incidente co fillo do señor da aldea.

         Esta é unha obra moi realista  na que resaltan numerosoas críticas á sociedade da época. O que máis me gustou foi saber como se vivía antigamente , e como seguen a vivir aínda hoxe en día nalgunhas aldeas arredadas das cidades. Porque como dí Balbino: “ Que saben desto os nenos da Vila”. 
  Amaia Tomé , 1ºC , nº 22.


                          Este libro reflicte a vida no rural dos anos 40, nunha aldea galega que é “unha mestura de lama e fume, onde os cans oubean e a xente morre  cando está de Deus"  a través de Balbino, un rapaz fillo do caseiro do señor das leiras.

   Creo que nesta obra poden salientarse, sobre  todo a liberdade, o desexo de poder demostrarlle ó mundo que a xente da aldea tamén é alguén;  e o fenómeno da emigración como saída a pobreza e ás desigualdades sociais tan presentes nesa época.     
    Eu elixín este libro porque me recorda historia do meu avó, que tamén foi un neno de aldea, fillo de labrador e que tenta ás veces explicarme canta “pobreza e lama” había na súa vida ata que emigrou a Suiza nos anos 60, por un afán de superación e de mellora das súas condicións económicas.
   Gala Sofía  Sánchez Rodríguez, 1ºD.

Ningún comentario:

Publicar un comentario